Amosando publicacións coa etiqueta CSE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CSE. Amosar todas as publicacións

12 de abril de 2023

O Comité Europeo de Dereitos Sociais, dános a razón

A lexislación española permite condicións laborais, habituais no sector de banca, que vulneran a Carta Social Europea.

O Comité Europeo de Dereitos Sociais (CEDS) do Consello de Europa, con sede en Estrasburgo, publicou o mes pasado as súas conclusións do ano 2022 sobre o cumprimento dos dereitos recollidos na Carta Social Europea, por parte dos distintos países co integran, entre eles o «Reino de España». O informe tivo en conta alegacións presentadas pola CIG e considera que determinados aspectos da lexislación laboral española vulneran a Carta Social Europea.

2 de xuño de 2022

Plan de Converxencia de Contigo en CSE na DT Noroeste

Vimos de ser informadas/os de que, por agora inicialmente, o Plan de Converxencia de Contigo a CSE afectará nesta DT Noroeste á Zona Asturias.

Serán un total de 20 persoas ás que se incorporarán ao novos centros CSE que se establecerán en Oviedo (Covadonga e Mendizábal), afectando ao persoal de Contigo das 7 CBCs desa Zona Asturias. Persoal ao que o Banco xa lle está comunicando a posibilidade de que VOLUNTARIAMENTE modifiquen as súas condicións laborais pasando de Contigo a CSE a partir do vindeiro mes de xullo.

27 de xullo de 2021

Aquí non pasa nada… ou si?

Despedimentos no BBVA

Nestas últimas semanas pecháronse os prazos de adscrición ás baixas no ERE do BBVA. Non foi un proceso doado, nunca o é. E moito menos un proceso «voluntario».

O banco logrou que lles asinasen o primeiro ERE do Estado que non está motivado por unha fusión. Non había necesidade, se sobraba persoal ben se podía ter comprometido un proceso de prexubilacións voluntario, pero o banco tiña outros plans e houbo quen lle asinou un cheque en branco.

Agora, os asinantes «laméntanse» das consecuencias: despedimentos forzosos, traslados forzosos a centos de quilómetros dos seus domicilios, adscricións forzosas a postos de CSE e Task–Force con modificación das súas condicións de traballo… Están a producirse todas as casuísticas que empresa e asinantes afirmaban que non se producirían, a pesar de que as solicitudes de saídas foron moi superiores ás ofertadas pola empresa, o que, por si mesmo, é un claro indicativo do enorme malestar e a inquedanza do persoal polo seu futuro no caso de seguir traballando.

4 de xuño de 2021

O banco vai «reflexionar»… pero teima nos despedimentos

EREBBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA


Na reunión de hoxe, a empresa aceptou unha nova prórroga de negociación até o día 8 de xuño. Fixo novas propostas tanto económicas como de afectación de persoal. E comprométense a darlle unha volta a fondo á cláusula de «equilibrio xeracional», pero non nos contan como vai ser esa cláusula.

Dinnos que non van facer un proceso de prexubilacións e que o día 8 é un prazo que xa non vai admitir pola súa parte máis dilación. Todos estes «avances» son froito das e do persoal do BBVA, que con dignidade e convicción manifestamos na rúa o noso rexeite ante medidas tan desproporcionadas e agresivas.

Este ERE non se enmarca en ningún proceso de fusión como noutras entidade, senón que o seu único propósito é aumentar os seus beneficios. Dixémolo dende o principio e seguimos : NON TEN XUSTIFICACIÓN.

25 de maio de 2021

O Banco mantén os despedimentos, digámoslle NON coa FOLGA!

EREBBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA

Os paros, apoiados polo conxunto da representación sindical, foron un éxito, o mesmo que a convocatoria de folga de , o que anticipa o éxito da de mañá. O banco continúa sen moverse, polo que é preciso intensificar o conflito, máximo cando hai alternativa.

A reunión de hoxe non deparou sorpresas, o banco propuxo ampliar en 26 as persoas a recolocar nos CSE. O novo CSE da tería 21 persoas, é dicir a nivel galego quedarían sen recolocar 101 persoas.