12 de abril de 2023

O Comité Europeo de Dereitos Sociais, dános a razón

A lexislación española permite condicións laborais, habituais no sector de banca, que vulneran a Carta Social Europea.

O Comité Europeo de Dereitos Sociais (CEDS) do Consello de Europa, con sede en Estrasburgo, publicou o mes pasado as súas conclusións do ano 2022 sobre o cumprimento dos dereitos recollidos na Carta Social Europea, por parte dos distintos países co integran, entre eles o «Reino de España». O informe tivo en conta alegacións presentadas pola CIG e considera que determinados aspectos da lexislación laboral española vulneran a Carta Social Europea.

  • O traballo fóra da xornada regular debe ser compensado a unha taxa superior porque esixe un maior esforzo pola persoa traballadora. Especialmente se é compensado con tempo de descanso. A falta de controis para impedir a proliferación dos incumprimentos do tempo de traballo, a existencia de horas extras non recoñecidas, nin pagadas, habituais en sectores como a banca, vulnera dereitos europeos dos traballadores e traballadoras.
  • O propio Comité dirixiuse ao Reino de España, para interesarse polas actuacións nesta materia das Inspeccións de Traballo, sen ter contestación. Como é sabido, a CIG–Banca ten criticado duramente a falta de rigor e de actuacións por parte das Inspeccións de Traballo cando dos bancos se trata. As enquisas do INE apuntan a que é un dos sectores nos que máis se incumpre a xornada laboral, pero as actuacións son practicamente nulas. A Inspección de Traballo nin está, nin se lle espera.
  • As conclusións do CEDS destacan tamén a falta de controis durante o teletraballo, ou o traballo en remoto, que levan ao incumprimentos dos horarios, algo que vivimos durante a pandemia e denunciamos nas Inspeccións, que deu a razón aos bancos!!!
  • Dende a CIG–Banca sempre defendemos que o dereito á desconexión, non se reduce a non recibir chamadas ou correos en determinadas franxas horarias da nosa vida privada, senón tamén á desconexión dos dispositivos que permiten o traballo en remoto. Non garantir o dereito á desconexión dixital incumpre os dereitos recollidos na Carta Social Europea.
  • O Comité traslada que no sector privado non se pode concluír que o salario mínimo garanta un nivel de vida digno. En banca, abrir o convenio a niveis de entrada con salarios de miseria, acredita este incumprimento.
  • Non cumprimos cos preavisos en período de proba. O Goberno responde que se pode reclamar durante 20 días, e o Comité reitera o incumprimento.
  • Ante o impacto da e o desenvolvemento de novas formas de traballo, o Comité fai énfase sobre a importancia da consulta e participación das persoas traballadoras e a súa Representación Legal. Coma nós, o Comité segue a agardar pola resposta.

Seguramente no «diálogo social» (Goberno, CEOE, CC.OO, UGT) nada se avanzará para conseguir que se modifique a lexislación para evitar que as empresas vulneren dereitos aos que temos dereito como europeos/as. Pero estas conclusións fortalecen a nosa posición ao tempo que abren vías legais para reclamacións de diverso tipo.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 230412 [.pdf • 177 kB]



Ningún comentario: