
Na reforma das pensións cómpre diferenciar a propaganda dos feitos; unha cousa é o que conta o Goberno e outra o que di a norma. Non amplían dereitos, si amplían recortes; velaquí podes deseguido, cunha ollada, comparar o que di o goberno e o que di a norma e unha análise polo miudo no seguinte enderezo:
www.i.gal/analiserefpen
O que conta o goberno | O que di a norma | A reforma de 2023 é «progresista», ao contrario das anteriores | Mantén a reforma de 2011:
➫ Como resultado temos pensións máis baixas |
---|---|
Non amplía o período de cálculo das novas pensións | Amplia o cálculo de 25 a 29 anos (excluindo os peores 24 meses) desde 2026. En 2041 deixará de existir a opción de 25 anos |
Non rebaixa a contía das novas pensións | Ampliar os anos de cálculo fará baixar a pensión a cobrar, sobre todo as persoas menores de 50 anos |
A prioridade é mellorar as fontes de financiamento do sistema | Mantén o desatino de facer depender as pensións das cotizacións sociais sen permitir o financiamento do sistema con impostos xustos |
Reforza a progresividade, mediante o aumento da base de cotización | Elevar as cotizacións máximas é un paso insuficiente (IPC ✚1,2 %). A suba do mecanismo de equidade (de 0,6 a 1,2 %) recae sobre todas as persoas ocupadas, sen distinción de renda, o que non é progresivo nin nada solidario |
Resolve a fenda de xénero | As pensións das mulleres galegas son un 34 % mais baixas que as dos homes. As medidas desta reforma non dan solución |
Mellora as pensións mínimas | A mellora é cativa. Non se garante por lei que a pensión mínima sexa canto menos o 60 % do salario medio, como di a Carta Social Europea |
Garante a estabilidade do sistema | O gasto en pensións revisarase cada 3 anos dacordo ás esixencias da UE e do artigo 135 CE |
#AsPensionsNonSetocan
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario