Velaquí tedes o contido da nosa intervención na pasada Xunta xeral de accionistas do BBVA · 2023…
Moi bo día señoras e señores, buenos días, egun on.
Son Carmen García González e estou aqui representando ao Sindicato Confederación Intersindical Galega (CIG), como sindicato máis votado no BBVA en Galiza, e tamén o sindicato máis votado e máis representativo da miña terra.
Pero a miña voz é a de tantos compañeiros e compañeiras que nos delegaron o seu voto confiando en traer aquí unha parte da súa realidade cotiá.
Estamos moi agradecidas por iso, porque nos permite ocupar 5 minutos da súa vida. O tempo que están dispostos a gastar vostedes para oír ao seu cadro de persoal hoxe aquí.
Persoal que se pregunta cal é a fenda salarial na empresa. E nós seguimos preguntándollo aquí e na «Vela», pero digamos que vostedes son remisos a facilitar esa información, co que nos tememos o peor.
As mulleres do BBVA tamén nos preguntamos ata cando imos ter que convivir con comentarios machistas, cada vez que hai un nomeamento dunha muller en postos de responsabilidade. O que vén demostrar a necesidade de que iso suceda máis a miúdo.
Ou ata cando teremos que renunciar ao noso salario para poder conciliar, porque se empeñan en que a concreción horaria non exista, porque non se poden establecer horarios á carta, pero si podemos convivir con 63 horarios distintos.
O persoal quere saber até cando se van a lucrar á súa costa, cando van reconsiderar a política de préstamos a empregados/as, ou cando decidirán non manter os salarios conxelados a base de compensar e absorber, compensar e absorber, ano tras ano. E miren, é que ninguén lles obriga a facelo, por se non o tiñan claro. E isto que podería parecer unha broma, cando perdes en dous anos máis dun 15 % de poder adquisitivo, xa non o é.
Pero a vostedes iso non lles afecta. Porque o salario da Alta Dirección, nunca se conxela. Para iso si que non somos un só equipo! Vostedes suben o seu salario, e son vostedes quen xulgan se o merecen. Así non falla nunca!
Queren o mellor equipo e o máis comprometido? Iso xa o teñen, e os datos de satisfacción da clientela o ratifican. Por non falar de beneficios en máximos históricos que se trasladan máis ao accionariado que ao propio cadro de persoal, que é quen os consigue!.
Pero ese gran equipo hai que pagalo, e ese compromiso ten que vir de vostedes! Cos salarios e coa tensión do día a día en SS.CC pero sobre todo na REDE, non é de estrañar que a xente que mete a cabeza na nosa realidade, nos diga adeus ben pronto, en busca de outras oportunidades e outra forma de tratar as persoas… como persoas. E non con ese simulacro do famoso liderado con compoñente humano, do que tanto falan agora, pero do que non vemos nada.
A multitude de baixas que aínda sufrimos tamén o confirma.
Tamén queremos falar dos centros de traballo, nos que tanto frío temos pasado e non só este inverno. Nos que se nos sigue negando ata a auga. Onde non se mete un euro en lavar a cara ás sucursais, que botamos unha ollada ás da competencia e dá vergoña, señoras e señores. Que tardamos tanto en acabar coas cucarachas e roedores como en renovar o «Plan de Igual–dá».
E non quero deixar de mencionar a todas esas compañeiras (moitas mulleres) “xestoras de acompañamento dixital” que contrataron. É unha vergoña ter «as novas e novos» a carón da nosa mesa, con salarios de 1.100 € agora en 2023.
Lembro cando comecei traballar en banca, hai 25 anos; a ilusión do primeiro salario. Que en nada eran uns 1.200 euros, incentivos aparte. Un salario que permitía unha independencia, comezar unha vida e soñar co futuro. E agora mesmo, con estes salarios, o soño é poder chegar a fin de mes.
Tampouco queremos esquecernos de todos aqueles compañeiros e compañeiras que están cubrindo prazas difíciles, facendo un servizo ao banco, e que ven como acaban os seus complementos de mobilidade e non hai opción de volta a casa. Que chega o segundo bebé e nada, que o de achegarse está imposíbel. Semella que o único oco, polas boas ou polas malas, está no CSE.
Pero claro, se hai que buscar sitio a alguén que vén dun nivel superior, enseguida se atopa (sempre a costa do posto de alguén, camuflado como unha oferta que non podemos rexeitar). E así seguimos xestionando persoas e xerando «ilusión e compromiso».
Non queremos deixar de falar da nosa clientela e dos seus problemas coa dixitalización forzada. Desde aquí reclamamos algo tan sinxelo como que a operativa en internet, teña que ser algo que decidan as persoas e que veña bloqueada de orixe. É desolador ver como cada día chega unha fraude tras outra. Clientela que se sinte impotente ante un saqueo do que non sabe como defenderse. E… aparte de advertirlles como a crianzas pequenas, que fai o seu banco?
salario. Que en nada eran uns 1.200 euros, incentivos aparte. Un salario que permitía unha independencia, comezar unha vida e soñar co futuro. E agora mesmo, con estes salarios, o soño é poder chegar a fin de mes.
Tampouco queremos esquecernos de todos aqueles compañeiros e compañeiras que están cubrindo prazas difíciles, facendo un servizo ao banco, e que ven como acaban os seus complementos de mobilidade e non hai opción de volta a casa. Que chega o segundo bebé e nada, que o de achegarse está imposíbel. Semella que o único oco, polas boas ou polas malas, está no CSE.
Pero claro, se hai que buscar sitio a alguén que vén dun nivel superior, enseguida se atopa (sempre a costa do posto de alguén, camuflado como unha oferta que non podemos rexeitar). E así seguimos xestionando persoas e xerando «ilusión e compromiso».
Non queremos deixar de falar da nosa clientela e dos seus problemas coa dixitalización forzada. Desde aquí reclamamos algo tan sinxelo como que a operativa en internet, teña que ser algo que decidan as persoas e que veña bloqueada de orixe. É desolador ver como cada día chega unha fraude tras outra. Clientela que se sinte impotente ante un saqueo do que non sabe como defenderse. E… aparte de advertirlles como a crianzas pequenas, que fai o seu banco?
Pois parece que decidiron que, entre as grandes cifras e as persoas, gañen as cifras.
Pois parece que decidiron que, entre as grandes cifras e as persoas, gañen as cifras.
Despedimos esta intervención enviando toda a nosa solidariedade ao pobo sirio e turco. Pero tamén aos pobos ucraíno ou ruso… Para todos os pobos que, por culpa de guerras asasinas, ven como se multiplican as tumbas. Porque A GUERRA nunca é a solución.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario