
A situación que vivimos os traballadores e as traballadoras dos bancos é de sobra coñecida:
Unha perda de poder adquisitivo brutal. Durante a crise obrigáronnos a apertarnos o cinto, agora que hai beneficios históricos só actualizan co IPC os salarios dos Directivos.
As salvaxes políticas comerciais, baseadas en obxectivos e unha presión crecente para conseguilos, son unha espada de Damocles sobre as nosas cabezas e nos sitúan nun permanente conflito de intereses. A MiFID parece que só é unha carga para o persoal, con formacións e asuncións de responsabilidade, pero as políticas comerciais quedan á marxe. Unhas políticas comerciais que son unha falta de respecto á nosa profesionalidade.
Vivimos unha reconversión permanente inacabada, á que deberíamos enfrontarnos de xeito colectivo, como sector, máis alá dos conflitos en cada empresa cando veñen os EREs. Somos o único sector en reconversión sen un marco pactado coa representación dos traballadores/as e sen excepcións, por exemplo, dende o punto de vista da Seguridade Social.
A nova Reforma das Pensións que prepara o Goberno impactará directamente sobre o proceso de reconversión, endurecendo e encarecendo as prexubilacións e polo tanto orientando a reconversión cara a despedimentos.
Fronte a esta situación pensamos que chegou o momento de dar voz aos cadros de persoal, a través dun proceso de Asembleas Abertas, nas que o obxectivo é sumar vontades para facer fronte ás políticas salariais e comerciais das Direccións. E non agochamos que para nós chegou o momento de saír a rúa os traballadores e as traballadoras e, incluso, ir a unha folga sectorial na banca.
A primeira asemblea aberta de traballadores e traballadoras de todos os bancos terá lugar en LUGO o 22 de marzo, ás 19:30 horas no Salón de Actos no Edificio Sindical (rúa Ronda da Muralla 58).
Seguintes Asembleas:
19 de abril en Santiago e o 26 de abril na Coruña nas seguintes localizacións.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
1 comentario:
Cartaz mobilización Lugo: https://drive.google.com/file/d/1O9TrLGllVxtLqS68qsexjx4t5jrfHhE9/view?usp=share_link
Publicar un comentario