Amosando publicacións coa etiqueta Folga-no-BBVA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Folga-no-BBVA. Amosar todas as publicacións

4 de xuño de 2021

O banco vai «reflexionar»… pero teima nos despedimentos

EREBBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA


Na reunión de hoxe, a empresa aceptou unha nova prórroga de negociación até o día 8 de xuño. Fixo novas propostas tanto económicas como de afectación de persoal. E comprométense a darlle unha volta a fondo á cláusula de «equilibrio xeracional», pero non nos contan como vai ser esa cláusula.

Dinnos que non van facer un proceso de prexubilacións e que o día 8 é un prazo que xa non vai admitir pola súa parte máis dilación. Todos estes «avances» son froito das e do persoal do BBVA, que con dignidade e convicción manifestamos na rúa o noso rexeite ante medidas tan desproporcionadas e agresivas.

Este ERE non se enmarca en ningún proceso de fusión como noutras entidade, senón que o seu único propósito é aumentar os seus beneficios. Dixémolo dende o principio e seguimos : NON TEN XUSTIFICACIÓN.

1 de xuño de 2021

TODOS e TODAS á FOLGA o 2 de xuño: Se hai despedimentos, hai CONFLITO!

EREBBVA · Período de consultas

Folga 2 de xuño no BBVA Non ao ERE no BBVA

A empresa, despois da reunión de hoxe, segue sen modificar dúas cuestións que son principais:

  • Un 50 % dos despedimentos serán de menores de 50. Malia que con carácter xeral e nomeadamente a nivel galego, é posible e teñen menor custe social e económico as prexubilacións.
  • Non hai voluntariedade, toda vez que se reserva decidir a quen despedirá e, ademais, mantén o criterio de «produtividade», que é totalmente subxectivo.

Na reunión indicou que a mobilidade xeográfica afectará as 11.244 persoas potencialmente afectadas polo Expediente; quere dicir que trasladará a quen non acepte marchar «voluntariamente». E fixo a seguinte proposta:

31 de maio de 2021

2 de XUÑO: FOLGA no BBVA e MANIFESTACIÓN na Coruña

CC.OO - ACB - CGT - UGT - SEC (cic) - CIG - ELA - SCAT

Despois da masiva participación nas sucesivas mobilizacións dos últimos días, e ante a actitude inamovible do Banco, os sindicatos decidimos seguir dando contestación na rúa, porque contamos co voso apoio. Temos que seguir mobilizándonos, demostrándolle á empresa que non pode haber despedimentos, que neste banco todas e todos somos necesarios.

25 de maio de 2021

O Banco mantén os despedimentos, digámoslle NON coa FOLGA!

EREBBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA

Os paros, apoiados polo conxunto da representación sindical, foron un éxito, o mesmo que a convocatoria de folga de , o que anticipa o éxito da de mañá. O banco continúa sen moverse, polo que é preciso intensificar o conflito, máximo cando hai alternativa.

A reunión de hoxe non deparou sorpresas, o banco propuxo ampliar en 26 as persoas a recolocar nos CSE. O novo CSE da tería 21 persoas, é dicir a nivel galego quedarían sen recolocar 101 persoas.

24 de maio de 2021

Mobilizacións maio e FOLGA o 26

Non ao ERE no BBVA

Como xa vos viñemos contando ao longo deste mes de maio, temos razóns para rexeitar de plano as medidas formuladas polo BBVA para a destrución de case 3.800 postos de traballo. Loxicamente, neste contexto de rexeite xeral, procuramos a unidade de acción sindical, baixo a premisa de que só mostrando unha fronte unida, o banco entendería que tiña que reformular as súas propostas e retirar os despedimentos.

20 de maio de 2021

Así non se pode negociar, falta información básica e facer propostas así é temerario

EREBBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA

Non entendemos como é posible facer contrapropostas cando descoñecemos información básica, como as persoas afectadas polos distintos Expedientes. Pero tampouco sabemos cantas prexubilacións e cantos despedimentos «oferta» o banco; calquera proposta sindical debería partir dese dato, non é o mesmo negociar un 10 % de prexubilacións e un 90 % de despedimentos, que á inversa.

14 de maio de 2021

Porqué ten sentido a FOLGA o 26, e 
NON o ÚLTIMO día

Non ao ERE no BBVA

A folga é unha medida de defensa que ten a clase traballadora, non é un fin en si mesma. A folga ten éxito se ten participación do persoal, pero tamén se hai tempo para «xestionala», para que ao día seguinte os sindicatos teñamos marxe para , ou se é necesario poder incrementar o conflito.

Metela o último día fai que, aínda que fose un éxito, ao día seguinte, xa esgotado o prazo legal para negociar, non valga para nada, que quede nunha simple «pataleta».

Nós defendemos dende o primeiro momento a Unidade de Acción e compartimos o cabreo do cadro de persoal ante o triunfo da Dirección, que foi quen de dividir ao cadro de persoal para vencernos. Pero realmente hai unha : a do 26 de maio; a outra non existe máis que no papel.

Paremos todos os despedimentos no BBVA

FOLGA O 26 DE MAIO

CGT-SEC-CIG-ELA-SCAT-LAB

Ante a ameaza de 3.798 despedimentos no BBVA, respondemos con MOBILIZACIÓNS e
DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO

Os sindicatos enriba asinantes, ademais de ter mostrado na Mesa a nosa rotunda OPOSICIÓN á ameaza dos despedimentos e impulsado as mobilizacións de todo o cadro de persoal, agora puxémonos de acordo para responder, de forma urxente para facer parar todos os despedimentos que a empresa pretende e queremos chamar ao conxunto do persoal a que respondamos coa mellor arma que temos: A FOLGA.