31 de maio de 2021

2 de XUÑO: FOLGA no BBVA e MANIFESTACIÓN na Coruña

CC.OO - ACB - CGT - UGT - SEC (cic) - CIG - ELA - SCAT

Despois da masiva participación nas sucesivas mobilizacións dos últimos días, e ante a actitude inamovible do Banco, os sindicatos decidimos seguir dando contestación na rúa, porque contamos co voso apoio. Temos que seguir mobilizándonos, demostrándolle á empresa que non pode haber despedimentos, que neste banco todas e todos somos necesarios.

28 de maio de 2021

Unha Reforma contra os traballadores e traballadoras de Banca, en plena reestruturación do sector

Hoxe, un xornal (que comparte máximo accionista de referencia cos grandes bancos españois), publicou que hai un acordo para a Reforma das Pensións, por parte do Goberno, a CEOE, CC.OO e UGT, que penaliza as prexubilacións nos ERE’s da Banca.

Somos un sector inmerso nun proceso de reconversión permanente, agravado polo proceso de dixitalización forzosa e, a diferenza doutros procesos de reconversión, en vez de facilitar vías brandas de saída, optan por penalizalas, levando a unha sen razón: o persoal con máis idade continuará traballando, mentres se despide ao persoal menor de 40/50 anos.

27 de maio de 2021

MANTEÑAMOS A PRESIÓN: Todos e todas ao PARO do 31 e á FOLGA do 2 de xuño!

EREBBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA

Sempre dixemos que apostamos pola unidade de acción e, nese senso, o apoio masivo a FOLGA do 26 de maio debe estenderse e debemos manter a presión, polo que a CIG secundará o paro do 31 de maio e a o 2 de xuño, e chamamos a todo o persoal a participar masivamente nesas mobilizacións.

O conflito non rematará aí, hoxe o BBVA debe saber que se despois do 3 de xuño hai , seguirá o conflito. Por iso facemos un chamamento ao cadro de persoal a manter a unidade, e non aceptar un só despedimento, hai alternativas.

A nivel galego, incluso no escenario actual que non aceptamos, a saída con prexubilacións das persoas maiores de 60 anos cubriría o suposto excedente de 101 persoas e tería un menor custe económico que o despedimento das persoas de 40—50.

26 de maio de 2021

Folga 26 maio no BBVA

CGT-SEC-CIG-ELA-SCAT-LAB

As organizacións sindicais enriba asinantes, co apoio das compañeiras e compañeiros participantes na Folga manifestámoslle á empresa o noso contundente rexeite e unánime ao reaxuste que pretende levar a cabo o BBVA. Respondemos coa folga a nivel estatal de hoxe, 26 de maio, convocada por CGT BBVA, unida ás folgas en Catalunya, Galiza e Euskal Herria convocadas por SEC, CIG, ELA, SCAT e LAB.

Seguimos a ler na prensa que 3.798 familias irémonos as nosas casas prexubiladas, dentro dunha campaña orquestrada que busca que este drama de 3.798 DESPEDIMENTOS —ou a cifra dos mesmos que quede despois de, como intenta o BBVA, eliminar as restricións á mobilidade xeográfica e modificando as condicións dos nosos contratos— non teña visibilidade social. ABONDA XA!

25 de maio de 2021

O Banco mantén os despedimentos, digámoslle NON coa FOLGA!

EREBBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA

Os paros, apoiados polo conxunto da representación sindical, foron un éxito, o mesmo que a convocatoria de folga de , o que anticipa o éxito da de mañá. O banco continúa sen moverse, polo que é preciso intensificar o conflito, máximo cando hai alternativa.

A reunión de hoxe non deparou sorpresas, o banco propuxo ampliar en 26 as persoas a recolocar nos CSE. O novo CSE da tería 21 persoas, é dicir a nivel galego quedarían sen recolocar 101 persoas.

24 de maio de 2021

Mobilizacións maio e FOLGA o 26

Non ao ERE no BBVA

Como xa vos viñemos contando ao longo deste mes de maio, temos razóns para rexeitar de plano as medidas formuladas polo BBVA para a destrución de case 3.800 postos de traballo. Loxicamente, neste contexto de rexeite xeral, procuramos a unidade de acción sindical, baixo a premisa de que só mostrando unha fronte unida, o banco entendería que tiña que reformular as súas propostas e retirar os despedimentos.

20 de maio de 2021

Así non se pode negociar, falta información básica e facer propostas así é temerario

EREBBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA

Non entendemos como é posible facer contrapropostas cando descoñecemos información básica, como as persoas afectadas polos distintos Expedientes. Pero tampouco sabemos cantas prexubilacións e cantos despedimentos «oferta» o banco; calquera proposta sindical debería partir dese dato, non é o mesmo negociar un 10 % de prexubilacións e un 90 % de despedimentos, que á inversa.

18 de maio de 2021

Non minoraron o impacto dos expedientes

EREBBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA

Coma xa informamos ao inicio do proceso, o banco puxo en marcha 3 expedientes colectivos distintos que afectaban en total a 3.798 persoas. O número non se modificou, seguen sendo 3.798; simplemente pasan dun expediente a outro. O banco négase a un proceso de prexubilacións.

  • Expediente de Despedimentos Colectivo. Inicialmente o número de persoas afectadas eran 3.448, e nesta reunión pasou a 3.331 a costa de ampliar a MSCT, 117 persoas máis que pasarían a CSE.
  • Expediente de Modificación Substancial das condicións de traballo (MSCT). Inicialmente o número de persoas afectadas era de 350 e na reunión o banco incrementounas a 467.
  • Expediente de mobilidade xeográfica. Seguimos sen saber a cantas persoas afecta.

14 de maio de 2021

Porqué ten sentido a FOLGA o 26, e 
NON o ÚLTIMO día

Non ao ERE no BBVA

A folga é unha medida de defensa que ten a clase traballadora, non é un fin en si mesma. A folga ten éxito se ten participación do persoal, pero tamén se hai tempo para «xestionala», para que ao día seguinte os sindicatos teñamos marxe para , ou se é necesario poder incrementar o conflito.

Metela o último día fai que, aínda que fose un éxito, ao día seguinte, xa esgotado o prazo legal para negociar, non valga para nada, que quede nunha simple «pataleta».

Nós defendemos dende o primeiro momento a Unidade de Acción e compartimos o cabreo do cadro de persoal ante o triunfo da Dirección, que foi quen de dividir ao cadro de persoal para vencernos. Pero realmente hai unha : a do 26 de maio; a outra non existe máis que no papel.

Paremos todos os despedimentos no BBVA

FOLGA O 26 DE MAIO

CGT-SEC-CIG-ELA-SCAT-LAB

Ante a ameaza de 3.798 despedimentos no BBVA, respondemos con MOBILIZACIÓNS e
DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO

Os sindicatos enriba asinantes, ademais de ter mostrado na Mesa a nosa rotunda OPOSICIÓN á ameaza dos despedimentos e impulsado as mobilizacións de todo o cadro de persoal, agora puxémonos de acordo para responder, de forma urxente para facer parar todos os despedimentos que a empresa pretende e queremos chamar ao conxunto do persoal a que respondamos coa mellor arma que temos: A FOLGA.

Unha proposición indecente da Xunta de Galicia: incentivar con subvencións os peches e os despedimentos

En plena conflitividade laboral, motivada polos Expedientes de Despedimentos Colectivos derivados do proceso de reconversión do sector bancario, a presentou un proxecto de Orde para subvencionar con diñeiro público caixeiros automáticos e axentes financeiros, incentivando os peches de oficinas e polo tanto os despedimentos.

O sector de banca está en pleno proceso de reestruturación, o BBVA e teñen proposto ERE’s que afectan directamente a 12.100 persoas; o está aplicando un ERE que contempla o despedimento de 3.672 persoas e a subcontratación de 1.100. E os compañeiros e compañeiras dos bancos afectados están en pleno proceso de mobilizacións para defender os postos de traballo.

Malia este escenario, a Xunta de Galicia ten un proxecto de Orde para incentivar o peche de oficinas e os despedimentos, subvencionando os caixeiros automáticos e a contratación de axentes financeiros nos concellos nos que os bancos pecharon as oficinas. Unha proposta indecente, que xustificará a transferencia de máis recursos públicos para o banco responsable de deixar sen servizos financeiros á poboación.

12 de maio de 2021

O Banco non recúa. Nós seguiremos na rúa!

EREBBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA

O persoal defende o seu posto de traballo 24 horas ao día, 7 días á semana e 365 días ao ano. No centro de traballo, cando nos chaman a calquera hora ao móbil persoal ou cando nos atopamos cunha clienta no súper, pola rúa, na praia ou no ximnasio. Do mesmo xeito, o pasado día 10 defendémolo coa mesma forza, convición e dedicación, na rúa. Por iso a Dirección, que sabe como traballamos cando nos poñemos, está preocupada e tentou amortecer a reunión de hoxe.

Os sindicatos chegabamos á Mesa Negociadora coa forza do voso empuxe e o banco sabíao; optou por meter aos «técnicos» de Equipo Económico a ler durante horas o informe que nos facilitaron a semana pasada. Coma se os/as sindicalistas e os Gabinetes Económicos e Xurídicos dos sindicatos non soubésemos ler.

6 de maio de 2021

ERE «modelo Santander»  
Iníciase o período de consultas, pero o banco non facilita a listaxe de persoas afectadas

EREBBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA

Hoxe, 6 de maio, comezou o «período de consultas» previsto no , que terá como prazo máximo 1 mes. Nesta primeira reunión a empresa estaba obrigada a facilitar a documental prevista na lexislación, incluído o listado das persoas afectadas polas extincións propostas.

O banco está asesorado polo despacho Sagardoy, negociador doutros ERE’s no sector (dende que foi contratado a dedo polo Goberno Rajoy, para a agresiva reestruturación das Caixas de Aforros). Sagardoy foi quen redactou a do PP, o BBVA quere ir sobre seguro.

5 de maio de 2021

Pola retirada do Expediente: hai alternativa

EREBBVA ·  reunión 5 de maio 2021

Non ao ERE no BBVA

Esgotándose o período informal establecido no Convenio Colectivo, a día de hoxe o BBVA simplemente foi facilitando aos poucos unha información escasa e sen entrar na negociación. Realmente o artigo do non ten ningunha validez, xa que non establece a entrega durante o mesmo da documentación que establece o e, sen a información, non é posible negociar.

Pero temos claro que o que procede é a retirada do Expediente, non hai causas, hai escusas; o banco incrementa gastos noutras partidas en vez de buscar minorar o impacto; e cos datos na man hai alternativas que o banco se nega a negociar.

A nivel galego o Expediente de Extinción afecta a 122 postos de traballo (111 na rede e 11 nos SS.CC—Territorial); os datos da afectación da mobilidade xeográfica ou das modificacións das condicións de traballo non foron facilitados. Unha vez analizado o cadro de persoal semella que a nivel galego, a través de xubilacións, xubilacións anticipadas e prexubilacións, sería posíbel un Plan alternativo non traumático, incluso dando por bos (que non o facemos) os argumentos do banco.