ERE—BBVA · Período de consultas
Hoxe, 6 de maio, comezou o «período de consultas» previsto no Estatuto dos Traballadores/as, que terá como prazo máximo 1 mes. Nesta primeira reunión a empresa estaba obrigada a facilitar a documental prevista na lexislación, incluído o listado das persoas afectadas polas extincións propostas.
O banco está asesorado polo despacho Sagardoy, negociador doutros ERE’s no sector (dende que foi contratado a dedo polo Goberno Rajoy, para a agresiva reestruturación das Caixas de Aforros). Sagardoy foi quen redactou a Reforma Laboral do PP, o BBVA quere ir sobre seguro.
Seguindo as indicacións de Sagardoy o BBVA utilizou un subterfuxio legal para non facilitar a listaxe das persoas a despedir: dicir que o procedemento será voluntario (reservándose o banco quen pode saír) e que se non se cubre con «voluntarios/as» serán despedimentos en base ás valoracións.
Todos e todas sabedes como están utilizando o resto dos bancos a «voluntariedade», nomeadamente no ERE do Santander, acosando dun xeito salvaxe e institucionalizado ao persoal que previamente seleccionou o banco, até que consigue que «solicite» a saída voluntaria. Xa coñecemos o modelo ERE—Santander, e a CIG non o quixo alí, nin o quere para o persoal do BBVA.
En canto ás condicións propostas, son tan miserables que a voluntariedade non existiría, ademais de que o banco se reserva a aceptación (non sabemos con que criterios), nin cantas prexubilacións está disposto a negociar.
En canto ao persoal de 55 anos, o banco non fixo ningunha mención do pago do Convenio Especial.
En relación ao persoal menor de 56 e, a xeito de exemplo, a quen leve 10 anos no banco, daríanlle 70 días de salario por riba do mínimo legal (20 días por ano, máximo 12 mensualidades).
Se aínda non tiñades a convicción, máis motivos para facelo. Hai que paralos.
CONCENTRACIÓNS luns 10 DE MAIO, ás 18 Horas
- A CORUÑA: Cantón Pequeno 18
- VIGO: rúa de García Barbón 2
- OURENSE: rúa do Paseo 18
- LUGO: rúa da Raíña 1
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
1 comentario:
Artículo 51.2 del Estatuto de los Trabajadores y el artículo 7.5 del RD 1483/2012, de 29 de octubre
Publicar un comentario