12 de maio de 2021

O Banco non recúa. Nós seguiremos na rúa!

EREBBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA

O persoal defende o seu posto de traballo 24 horas ao día, 7 días á semana e 365 días ao ano. No centro de traballo, cando nos chaman a calquera hora ao móbil persoal ou cando nos atopamos cunha clienta no súper, pola rúa, na praia ou no ximnasio. Do mesmo xeito, o pasado día 10 defendémolo coa mesma forza, convición e dedicación, na rúa. Por iso a Dirección, que sabe como traballamos cando nos poñemos, está preocupada e tentou amortecer a reunión de hoxe.

Os sindicatos chegabamos á Mesa Negociadora coa forza do voso empuxe e o banco sabíao; optou por meter aos «técnicos» de Equipo Económico a ler durante horas o informe que nos facilitaron a semana pasada. Coma se os/as sindicalistas e os Gabinetes Económicos e Xurídicos dos sindicatos non soubésemos ler.

Xa na última parte da reunión, despois de horas de matar a , fomos claros: o banco debe retirar o ERE, poñer en marcha un plan de prexubilacións e buscar vías alternativas de redución de custes sen afectar ao deber de prestar servizo e de garantir os postos de traballo. E se alguén non sabe, non é capaz, ou vese inútil a hora de rendibilizar todo o noso traballo, o esforzo do cadro de persoal que cumpre máis ala do deber, a culpa non é nosa, é desa persoa: que colla a porta e marche.

Na CIG apostamos dende o primeiro día por unha Unidade de Acción para defender os postos de traballo. Cremos que a participación masiva do cadro de persoal nas mobilizacións do día 10 puxo á Dirección moi nerviosa; é ela a que está obrigada a mover ficha na negociación, propoñendo alternativas de recorte de gastos, sen tocar o emprego e sen despedimentos de ningún tipo. Doutro xeito, acabará por conseguir despedir a quen quere e empeorar as condicións das persoas que queden.

Por iso, somos da opinión de seguir mantendo a Unidade de Acción, cun calendario de mobilizacións e a convocatoria dunha , medidas de presión para forzar á Dirección a negociar, cousa que, a día de hoxe, segue sen facer.

Seguiremos informándovos. Todos e todas á rúa nas concentracións conxuntas da vindeira semana, que en serán o…



 Mércores 19 DE MAIO, ás 18 Horas 






➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 210512 [.pdf • 280 kB]



Ningún comentario: