14 de maio de 2021

Unha proposición indecente da Xunta de Galicia: incentivar con subvencións os peches e os despedimentos

En plena conflitividade laboral, motivada polos Expedientes de Despedimentos Colectivos derivados do proceso de reconversión do sector bancario, a presentou un proxecto de Orde para subvencionar con diñeiro público caixeiros automáticos e axentes financeiros, incentivando os peches de oficinas e polo tanto os despedimentos.

O sector de banca está en pleno proceso de reestruturación, o BBVA e teñen proposto ERE’s que afectan directamente a 12.100 persoas; o está aplicando un ERE que contempla o despedimento de 3.672 persoas e a subcontratación de 1.100. E os compañeiros e compañeiras dos bancos afectados están en pleno proceso de mobilizacións para defender os postos de traballo.

Malia este escenario, a Xunta de Galicia ten un proxecto de Orde para incentivar o peche de oficinas e os despedimentos, subvencionando os caixeiros automáticos e a contratación de axentes financeiros nos concellos nos que os bancos pecharon as oficinas. Unha proposta indecente, que xustificará a transferencia de máis recursos públicos para o banco responsable de deixar sen servizos financeiros á poboación.

A marxinación financeira é un feito, non só no rural, cada vez máis tamén en barrios e zonas periurbáns; sobre todo en función de renda e da rendibilidade coma cliente para o banco; ou agora pola fenda dixital. Fronte a esta situación non caben ocorrencias e menos que incentiven o peche de oficinas, a redución dos servizos á cidadanía, a destrución de emprego e seguir transferindo diñeiro público a entidades con beneficios multimillonarios (tanto vía subvencións directas, coma vía cesión de locais públicos). A Xunta de Galicia e nomeadamente o Partido Popular, son os máximos responsables da actual situación do sistema financeiro galego: foron impulsores do proceso de concentración e privatización.

Dende o sector de Banca da CIG esiximos a retirada da Orde, as subvencións son un incentivo máis para o peche de oficinas e os despedimentos de bancarios e bancarias. Estamos abertos a un debate público e social sobre como afrontar a marxinación financeira, pero non a que se subvencione con recursos públicos aos responsables dos peches e dos despedimentos.

Se a Xunta de Galicia non rectifica, anunciamos a nosa intención de promover mobilizacións sectoriais. Bancos con beneficios multimillonarios despídennos grazas á Reforma Laboral do Partido Popular e aínda por riba o Feijoó quere pagarlles por facelo.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 210514 [.pdf · 151 kB]



Ningún comentario: