6 de maio de 2021

ERE «modelo Santander»  
Iníciase o período de consultas, pero o banco non facilita a listaxe de persoas afectadas

EREBBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA

Hoxe, 6 de maio, comezou o «período de consultas» previsto no , que terá como prazo máximo 1 mes. Nesta primeira reunión a empresa estaba obrigada a facilitar a documental prevista na lexislación, incluído o listado das persoas afectadas polas extincións propostas.

O banco está asesorado polo despacho Sagardoy, negociador doutros ERE’s no sector (dende que foi contratado a dedo polo Goberno Rajoy, para a agresiva reestruturación das Caixas de Aforros). Sagardoy foi quen redactou a do PP, o BBVA quere ir sobre seguro.

Seguindo as indicacións de Sagardoy o BBVA utilizou un subterfuxio legal para non facilitar a listaxe das persoas a despedir: dicir que o procedemento será voluntario (reservándose o banco quen pode saír) e que se non se cubre con «voluntarios/as» serán despedimentos en base ás valoracións.

Todos e todas sabedes como están utilizando o resto dos bancos a «voluntariedade», nomeadamente no ERE do , acosando dun xeito salvaxe e institucionalizado ao persoal que previamente seleccionou o banco, até que consigue que «solicite» a saída voluntaria. Xa coñecemos o modelo ERE—Santander, e a CIG non o quixo alí, nin o quere para o persoal do BBVA.

En canto ás condicións propostas, son tan miserables que a voluntariedade non existiría, ademais de que o banco se reserva a aceptación (non sabemos con que criterios), nin cantas prexubilacións está disposto a negociar.

Condicions ERE

En canto ao persoal de 55 anos, o banco non fixo ningunha mención do pago do Convenio Especial.

En relación ao persoal menor de 56 e, a xeito de exemplo, a quen leve 10 anos no banco, daríanlle 70 días de salario por riba do mínimo legal (20 días por ano, máximo 12 mensualidades).

Se aínda non tiñades a convicción, máis motivos para facelo. Hai que paralos.

Digámoslle alto e claro  NON AO ERE!

 CONCENTRACIÓNS luns 10 DE MAIO, ás 18 Horas 






➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 210506 [.pdf • 294 kB]



1 comentario:

Anónimo dixo...

Artículo 51.2 del Estatuto de los Trabajadores y el artículo 7.5 del RD 1483/2012, de 29 de octubre