ERE—BBVA · Ⅴ reunión 5 de maio 2021
Esgotándose o período informal establecido no Convenio Colectivo, a día de hoxe o BBVA simplemente foi facilitando aos poucos unha información escasa e sen entrar na negociación. Realmente o artigo do Convenio non ten ningunha validez, xa que non establece a entrega durante o mesmo da documentación que establece o Estatuto dos Traballadores/as e, sen a información, non é posible negociar.
Pero temos claro que o que procede é a retirada do Expediente, non hai causas, hai escusas; o banco incrementa gastos noutras partidas en vez de buscar minorar o impacto; e cos datos na man hai alternativas que o banco se nega a negociar.
A nivel galego o Expediente de Extinción afecta a 122 postos de traballo (111 na rede e 11 nos SS.CC—Territorial); os datos da afectación da mobilidade xeográfica ou das modificacións das condicións de traballo non foron facilitados. Unha vez analizado o cadro de persoal semella que a nivel galego, a través de xubilacións, xubilacións anticipadas e prexubilacións, sería posíbel un Plan alternativo non traumático, incluso dando por bos (que non o facemos) os argumentos do banco.

Queremos trasladarvos que o banco está tendo un comportamento antisindical cara a CIG, pola acción sindical que vimos desenvolvendo e que non vos fiedes de informacións interesadas sen citar as fontes. A información que temos é a que vos vimos facilitando, condicionados polas ameazas da empresa ante determinados datos que di que son «confidenciais». Tamén di que non sabe de onde saíu a información de hoxe de «El Confidencial Digital», pero que non é certa.
O banco busca desactivar calquera contestación sindical, e a vosa participación nas mobilizacións conxuntas que temos acordados os sindicatos é a mellor resposta.
CONCENTRACIÓNS luns 10 DE MAIO, ás 18 Horas
- A CORUÑA: Cantón Pequeno 18
- VIGO: rúa de García Barbón 2
- OURENSE: rúa do Paseo 18
- LUGO: rúa da Raíña 1
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario