A folga é unha medida de defensa que ten a clase traballadora, non é un fin en si mesma. A folga ten éxito se ten participación do persoal, pero tamén se hai tempo para «xestionala», para que ao día seguinte os sindicatos teñamos marxe para negociar, ou se é necesario poder incrementar o conflito.
Metela o último día fai que, aínda que fose un éxito, ao día seguinte, xa esgotado o prazo legal para negociar, non valga para nada, que quede nunha simple «pataleta».
Nós defendemos dende o primeiro momento a Unidade de Acción e compartimos o cabreo do cadro de persoal ante o triunfo da Dirección, que foi quen de dividir ao cadro de persoal para vencernos. Pero realmente hai unha folga: a do 26 de maio; a outra non existe máis que no papel.
Fai uns días algúns sindicatos propuxemos a convocatoria de folga e tentar confluír co conflito de Caixabank, para ter máis forza. Os bancos están matándonos a cada un nunha esquina como estratexia para debilitar aos traballadores e traballadoras ante o que é proceso de reconversión sectorial.
CC.OO dixo que non aceptaban a convocatoria de folga, nin tratar de unificar a resposta a nivel sectorial. Así mesmo, negouse a facer un comunicado conxunto despois das mobilizacións, e a tratar de acordar criterios mínimos para defender na mesa. Logo, ante a decisión de convocar por parte da maioría de sindicatos, viñeron cunha proposta —non negociable pola súa parte— de meter folga o último día, cando non vale para nada.
A cuestión é clara, ante a decisión do banco de despedir e empeorar as condicións laborais, e ir a un ERE salvaxe aproveitando a pandemia como escusa, non nos queda outro remedio que defendernos. Se non vés, e logo chámante a un despacho para dicirche que asines voluntariamente, que o banco non conta contigo, arrepentiraste.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario