18 de maio de 2021

Non minoraron o impacto dos expedientes

EREBBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA

Coma xa informamos ao inicio do proceso, o banco puxo en marcha 3 expedientes colectivos distintos que afectaban en total a 3.798 persoas. O número non se modificou, seguen sendo 3.798; simplemente pasan dun expediente a outro. O banco négase a un proceso de prexubilacións.

  • Expediente de Despedimentos Colectivo. Inicialmente o número de persoas afectadas eran 3.448, e nesta reunión pasou a 3.331 a costa de ampliar a MSCT, 117 persoas máis que pasarían a CSE.
  • Expediente de Modificación Substancial das condicións de traballo (MSCT). Inicialmente o número de persoas afectadas era de 350 e na reunión o banco incrementounas a 467.
  • Expediente de mobilidade xeográfica. Seguimos sen saber a cantas persoas afecta.

Malia todo, hai quen ten presa en entrar nas compensacións para pechar canto antes un acordo e desactivar a contestación do cadro de persoal. Unha folga deixaría en evidencia o modelo sindical de asinar despedimentos sen resposta sindical. En canto as indemnizacións, a suba é ridícula, non priman a suposta «voluntariedade».

Idades - nova proposta

Ás indemnizacións dos 52 aos 62 habería que restarlle o desemprego e o subsidio (a quen lle corresponda). O Convenio especial revalorizaríase o 1 % anual (por baixo do IPC). Non se garante o Convenio especial até a idade legal da xubilación anticipada en cada caso, polo que o persoal quedará á valga.

As indemnizacións das persoas menores de 52, non chegan nin á indemnización do despedimento improcedente.

O banco en ningún momento quixo entrar a valorar a retirada do Expediente de Despedimentos (do que seguimos sen atopar causa que o sustente), e iniciar un proceso de prexubilacións (ao igual que outros bancos do sector), suspensións de contratos voluntarias con retorno garantido, nin ningunha outra alternativa. Cremos que as razóns para mobilizarse están máis que claras.

Mañá día 19 de maio, acude ás concentracións convocadas ás 18:00 horas na CORUÑA: Cantón Pequeno 18; COMPOSTELA: rúa da Senra 3–5; VIGO: rúa de García Barbón 2; OURENSE: rúa do Paseo 18; e LUGO: rúa da Raíña 1.


Non esquezas




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Folga no BBVA
Comunicado 210518 [.pdf • 536 kB]



Ningún comentario: