Amosando publicacións coa etiqueta Catalunya. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Catalunya. Amosar todas as publicacións

25 de maio de 2021

O Banco mantén os despedimentos, digámoslle NON coa FOLGA!

ERE—BBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA

Os paros, apoiados polo conxunto da representación sindical, foron un éxito, o mesmo que a convocatoria de folga de , o que anticipa o éxito da de mañá. O banco continúa sen moverse, polo que é preciso intensificar o conflito, máximo cando hai alternativa.

A reunión de hoxe non deparou sorpresas, o banco propuxo ampliar en 26 as persoas a recolocar nos CSE. O novo CSE da tería 21 persoas, é dicir a nivel galego quedarían sen recolocar 101 persoas.

14 de maio de 2021

Paremos todos os despedimentos no BBVA

FOLGA O 26 DE MAIO

CGT-SEC-CIG-ELA-SCAT-LAB

Ante a ameaza de 3.798 despedimentos no BBVA, respondemos con MOBILIZACIÓNS e
DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO

Os sindicatos enriba asinantes, ademais de ter mostrado na Mesa a nosa rotunda OPOSICIÓN á ameaza dos despedimentos e impulsado as mobilizacións de todo o cadro de persoal, agora puxémonos de acordo para responder, de forma urxente para facer parar todos os despedimentos que a empresa pretende e queremos chamar ao conxunto do persoal a que respondamos coa mellor arma que temos: A FOLGA.

5 de febreiro de 2019

100 anos do conflito da Canadiense, 100 anos da xornada de 8 horas

Hoxe 5 de febreiro cúmprense 100 anos do inicio do conflito da Canadiense, empresa de Barcelona chamada así por ser propiedade do Canadian Bank of Commerce of Toronto. Unha data que dende o movemento sindical debemos lembrar, sobre todo ante o avance imparable da desregulación e a fraude na laboral que tira por terra unha das maiores conquistas do movemento sindical.

Aquel conflito, que se iniciou nesa pequena empresa, extendeuse até a convocatoria dunha que paralizou o conxunto de durante meses.

Milleiros de traballadores e traballadoras foron despedidas, o Goberno Central declarou a ilegalidade da e enviou ao Exército ao mando do Xeral .

30 de maio de 2013

O BBVA continúa a despedir ao tempo que anuncia novas contratacións

O BBVA pretende seguir despedindo a traballadores e traballadoras de Unnim, co visto bo de CC.OO e UGT, mentres máis alá dos contratos temporais en vigor en toda a rede, anuncia un proceso de selección de persoal para Madrid e Castela – A Mancha.
despidos no Unnim BBVA
O BBVA adquiriu Unnim porque era un bo negocio. Custou 1 euro e tivo como contrapartida inxentes axudas públicas (unha EPA por 4.800 millóns de euros e 953 millóns do FGD). Unha axudas públicas que pagamos todos e todas para beneficio duns poucos; o propio Banco estima que Unnim aportará 100 millóns de beneficios anuais á conta de resultados.

8 de maio de 2008

Nova mobilización da CIG contra a reconversión

Concentración na Coruña (I)
Concentración na Coruña (e II)

As 11 da maña do día de hoxe a OP da Coruña foi o escenario dunha nova mobilización da CIG contra a do BBVA pola que 400 postos de traballo desapareceran en sendo a carga de traballo externalizada e deslocalizada a través de subcontratas radicadas en , Buenos Aires e Lima.