30 de maio de 2013

O BBVA continúa a despedir ao tempo que anuncia novas contratacións

O BBVA pretende seguir despedindo a traballadores e traballadoras de Unnim, co visto bo de CC.OO e UGT, mentres máis alá dos contratos temporais en vigor en toda a rede, anuncia un proceso de selección de persoal para Madrid e Castela – A Mancha.
despidos no Unnim BBVA
O BBVA adquiriu Unnim porque era un bo negocio. Custou 1 euro e tivo como contrapartida inxentes axudas públicas (unha EPA por 4.800 millóns de euros e 953 millóns do FGD). Unha axudas públicas que pagamos todos e todas para beneficio duns poucos; o propio Banco estima que Unnim aportará 100 millóns de beneficios anuais á conta de resultados.


Con todo, e malia beneficiarse o BBVA, unha vez máis, da privatización de entidades públicas ou baixo control público, puxo en marcha un proceso de despedimento colectivo que afectaba a 1.230 persoas, con nome e apelidos, con cara e familias. Como non podía ser doutro xeito, o ERE o firmaron os sindicatos que firman todos e cada un dos ERE's propostos polos bancos.

Ao tempo que se iniciaba o Expediente de Despedimento Colectivo mantivo numerosos contratos temporais en toda a rede, tamén en Galiza. E agora, cando quedan por despedir 450 persoas, o banco abre un proceso de selección para realizar novas contratacións indefinidas en Madrid e Castela - A Mancha. Unha auténtica fraude.

É certo que os despedimentos de Unnim non afectan en Galiza, o noso ámbito de actuación, pero admitir este tipo de condutas sexan en Catalunya, Lugo ou Estocolmo, atentan contra a ética laboral e sentan un gravísimo precedente.

Dende a CIG reclamamos á Dirección do BBVA que deixe sen efecto os despedimentos pendentes e proceda a recolocación inmediata de todas e cada unha das persoas afectadas. O noso obxectivo non é que lle dean 200 ou 250 accións aos que queden de Unnim, senón que sigan traballando todos e todas. Esta, compañeiros e compañeiras, é a diferenza entre a CIG e outros «sindicatos».

Polo mantemento do emprego, nin un despedimento máis no BBVA !!!





➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 130528 [.pdf • 30 Kb]




Ningún comentario: