Amosando publicacións coa etiqueta Unnim. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Unnim. Amosar todas as publicacións

20 de xaneiro de 2014

Os salarios non subiron moderadamente: BAIXARON!!!

En que se parecen CC.OO e Cristóbal Montoro? En que din que os salarios medran moderadamente cando están baixando. Os tres anos que leva vixente o Convenio Colectivo da Banca Privada saldáronse cunha nova perda acumulada de poder adquisitivo, pendentes do que suceda co IPC no ano 2014.

Cando se asinou o Convenio Colectivo había tensións inflacionistas, sen que o acordo garantise o mantemento do poder adquisitivo. Durante os anos 2011 e 2012, o IPC subiu un 2'4% e un 2'9%, a suba salarial foi «free» O,O (cero, cero). E iso malia que o xeito de cálculo do IPC foi modificado, sen que recollese o incremento brutal dalgúns bens de consumo e dos propios servizos públicos.


30 de maio de 2013

O BBVA continúa a despedir ao tempo que anuncia novas contratacións

O BBVA pretende seguir despedindo a traballadores e traballadoras de Unnim, co visto bo de CC.OO e UGT, mentres máis alá dos contratos temporais en vigor en toda a rede, anuncia un proceso de selección de persoal para Madrid e Castela – A Mancha.
despidos no Unnim BBVA
O BBVA adquiriu Unnim porque era un bo negocio. Custou 1 euro e tivo como contrapartida inxentes axudas públicas (unha EPA por 4.800 millóns de euros e 953 millóns do FGD). Unha axudas públicas que pagamos todos e todas para beneficio duns poucos; o propio Banco estima que Unnim aportará 100 millóns de beneficios anuais á conta de resultados.

2 de outubro de 2012

Satisfacción

Nun entorno laboral cada vez máis confuso, nun sector a piques de ser reestruturado, o persoal da banca está a soportar a meirande parte do peso da mala xestión da Alta Administración dos bancos. Compartimos gastos, pero non capacidade de decisión. Compartimos responsabilidade, pero nos tempos de vacas gordas por máis que se pediu, non se compartiron beneficios extraordinarios.

BBVA busca o control de gasto na fusión con Unnim, pero É o único criterio a ter en conta? É a mellor solución facer un ERE extintivo no banco catalán? Tense considerado dende un punto de vista empresarial a idoneidade do persoal que quede tras a fusión para sacar adiante as oficinas? Téñense considerado as condicións laborais familiares e persoais para afectar aos dereitos de uns ou outros traballadores e traballadoras?

Aínda no caso de que non vexamos afectados os nosos dereitos laborais de xeito inmediato pola aplicación dun ERE en BBVA, Quen di que non vai sobrar persoal de procedencia BBVA no entorno dunha posible adquisición de outras entidades ou de parte delas? Temos información sobre como actuar? Coñecemos os nosos dereitos? A nosa impresión é que non. Nembargante, o noso consello é único e válido para calquera entorno posible: INFORMACIÓN e ASESORAMENTO.

17 de setembro de 2012

Defendamos os postos de traballo
Asembleas de traballadores/as de todos os Bancos

O sector financeiro ten vivido nun proceso de reestruturación permanente ao longo das últimas décadas, realizado sempre a través de medidas non traumáticas e prexubilacións. Dende o comezo da crise fóronse abrindo paseniñamente procesos traumáticos, Expedientes de Regulación de Emprego (inicialmente de prexubilacións), que derivaron cara a despedimentos puros e duros.

Neste momento, nun gran número de empresas do sector financeiro están abertos procesos de milleiros de despedimentos, ou se agardan procesos deste tipo para os vindeiros meses (entidades nacionalizadas Novagalicia, Banco Gallego, Catalunyacaixa; bancos en procesos de fusión… etc). O Real Decreto Lei 24/2012 de «Reestruturación e resolución ordenada de entidades», aprobado polo PP, ten como obxectivo a reestruturación, liquidación e resolución de Entidades, e unha maior concentración. Hoxe incluso grandes bancos (BBVAUnnim ou Sabadell—CAM) teñen en marcha procesos con despedimentos masivos que, unha vez abertos, poden estenderse a todo o cadro de persoal. Outros como o Santander, recortan sen recato os dereitos dos traballadores/as, concretamente en materia de Prevención Social, facéndolles pagar o burato de 450 millóns de euros no seu fondo interno. O Banesto, Entidade do Grupo Santander, ten reducido o seu cadro de persoal un  18% dende o ano 2007 a través dun ERE encuberto.