Hoxe 5 de febreiro cúmprense 100 anos do inicio do conflito da Canadiense, empresa de Barcelona chamada así por ser propiedade do Canadian Bank of Commerce of Toronto. Unha data que dende o movemento sindical debemos lembrar, sobre todo ante o avance imparable da desregulación e a fraude na xornada laboral que tira por terra unha das maiores conquistas do movemento sindical.
Aquel conflito, que se iniciou nesa pequena empresa, extendeuse até a convocatoria dunha Folga Xeral que paralizou o conxunto de Catalunya durante meses.
Milleiros de traballadores e traballadoras foron despedidas, o Goberno Central declarou a ilegalidade da Folga e enviou ao Exército ao mando do Xeral Milans del Bosch.
Decretouse o estado de guerra e milleiros de folguistas foron mobilizados para obrigalos a volver aos seus postos de traballo, negáronse e foron presos. Incluso sería asasinado o sindicalista Miguel Burgos, da CNT.
Pero os traballadores e traballadoras non cesaron a loita, obrigando ao Goberno Central a establecer por Decreto a Xornada Laboral de 8 horas en todo o Estado español.
Salvando as distancias, que son moitas, hoxe reivindicamos e loitamos polo rexistro de xornada para impedir que as patronais vulneren o que tanto costou conseguir.
Dende a CIG facemos un chamamento aos traballadores e traballadoras para que no ano 2019 non fagamos nin unha hora extra máis de balde.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario