Vimos de ser informadas/os de que, por agora inicialmente, o Plan de Converxencia de Contigo a CSE afectará nesta DT Noroeste á Zona Asturias.
Serán un total de 20 persoas ás que se incorporarán ao novos centros CSE que se establecerán en Oviedo (Covadonga e Mendizábal), afectando ao persoal de Contigo das 7 CBCs desa Zona Asturias. Persoal ao que o Banco xa lle está comunicando a posibilidade de que VOLUNTARIAMENTE modifiquen as súas condicións laborais pasando de Contigo a CSE a partir do vindeiro mes de xullo.

En todo o Estado, ademáis da DT Centro onde se iniciara anteriormente este Plan de Converxencia (igual que nas DT Catalunya e Este) incorporándose no mes pasado 2 novas zonas e 2 áreas comerciais de Contigo de Catalunya que darán servizo tamén á DT Centro, afectará agora a un total de 173 traballadoras/es:
- Na DT Canarias: 18 traballadoras/es afectadas/os (1 zona, 4 CBCs) con nova ubicación en Las Palmas
- Na DT Catalunya: 56 traballadoras/es afectadas/os máis (3 zonas, 19 CBCs)
- Na DT Este: 30 traballadoras/es afectados máis (2 zonas e 11 CBCs)
- Na DT Noroeste: 20 traballadoras/es afectadas/os (1 zona, 7 CBCs) con novas ubicacións en Oviedo
- Na DT Norte: 15 traballadoras/es afectadas/os (1 zona, 7 CBCs) con nova ubicación en Bilbao
- Na DT Sur: 34 traballadoras/afectadas/os (4 zonas, 11 CBCs) con novas ubicacións en Sevilla e Málaga
Sen dispoñermos de datos exactos, podemos estimar que a partir do mes de xullo formarán parte dos CSE no conxunto do Estado arredor de 1.000 persoas (varios centos inicialmente nas DT Catalunya, Centro e Este + 523 persoas acordo ERE + 173 persoas a incorporar no vindeiro mes de xullo), arredor do 8 % do persoal da rede comercial do Banco.
Ante esta clara aposta do Banco polo traspaso de clientela do modelo Contigo ao modelo CSE e a implicación que para o persoal dos Contigo (agora en dependencia CBC) poida ter pasar a formar parte dos CSE (en dependencia Zonas Contigo) queremos lembrar:
- A posíbel adhesión ás condicións CSE será TOTALMENTE VOLUNTARIA, haxa ou non mobilidade xeográfica. No caso de amortización de posto de Contigo implicará a recolocación noutro posto de traballo dentro do radio de 25 kms. (Convenio Colectivo Banca).
- Posibilidade de desestimento en calquera momento das condicións de Contigo, sendo recolocado o traballador/a nun centro de traballo con horario continuado no radio dos 25 kms. nun prazo máximo de 3 meses.
Ante calquera dúbida ou consulta, contacta con calquera delegada/o da CIG, Telegram ou correo electrónico. Estamos á túa disposición.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario