Nova xornada reivindicativa da CIG–Banca
Ourense foi o escenario dunha nova xornada de loita pola recuperación salarial e contra a presión comercial e a suba dos obxectivos. Estes días coñeceuse que as altas direccións subíronse os bonus un 29 %, ao tempo que o IPC a nivel galego pechou nun 9,1 %.
A CIG–Banca saíu á rúa para demandar unha suba salarial digna, rexeitando os recortes dos Convenios estatais.
Mentres as altas direccións subíronse a retribución variable un 29 %, e o IPC a nivel galego pechou no 9,1 % o mes pasado, AEB e CECA manteñen a conxelación salarial.
Por outra banda o número de clientes xestionado por traballador/a é moi superior á media europea, o que xunto aos peches, restricións, incrementos dos obxectivos e aumento das comisións, fai que os cadros de persoal convivan cunha inaceptable violencia verbal no traballo.
Por iso as demandas do sector reflectíronse nas consignas «Se soben os prezos, teñen que subir os salarios» e «A presión comercial é acoso laboral», as máis coreadas polas delegadas e delegados da CIG Banca, que xa preparan unha nova xornada de loita noutra cidade galega.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario