Intensa xornada reivindicativa da CIG–Banca
O pasado 28 de abril, delegadas e delegados da CIG nos comités dos distintos bancos, mobilizáronse para reclamar que se actualicen os salarios, percorrendo durante máis de 3 horas as rúas de A Coruña, con concentracións en 20 sucursais de distintas entidades que se atopaban no percorrido, rematando na Delegación do Goberno, para protestar contra o Real Decreto da Autoridade de Defensa da Clientela.
A CIG–Banca saíu á rúa para demandar unha SUBA SALARIAL DIGNA, rexeitando os recortes dos Convenios Estatais e protestar contra o incremento brutal dos obxectivos e da presión comercial.
Os ánimos estaban quentes e as consignas «Se soben os prezos, teñen que subir os salarios» ou «A presión comercial é acoso laboral», resoaron permanentemente polas rúas da Coruña.
A manifestación partiu ás 11 da mañá da rúa Juan Flórez, con concentracións nas oficinas do BBVA, Abanca, B. Santander, B. Sabadell, Bankinter e Caixabank, ata os Cantóns, para rematar na Delegación do Goberno, onde se protestou polo Real Decreto de creación da «Autoridade de defensa dos clientes financeiros», que fai Lei o modelo antisocial posto en marcha polas direccións dos bancos. Non regula o dereito da clientela a ser atendida presencialmente, nin pon freo ás abusivas comisións; tampouco regula tempos máximos de espera nas colas; pero ademais de dar corpo de lei á reconversión que afecta aos postos de traballo, pode dar lugar a sancións aos bancarios e bancarias.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
1 comentario:
Parabén pola mobilizacións, agardamos que sirvan para algo
Publicar un comentario