1º Maio Día Internacional da Clase Obreira
Neste ano, o primeiro de maio ten lugar no medio da crítica situación económica e social pola carestía da vida na que xa viviamos, agravada polas consecuencias da guerra na Ucraína, a CIG propón un paquete de medida urxentes para atallar o impacto que os altos prezos dos bens e servizos básicos están a ter sobre as clases populares. Estas propostas, na liña das que xa trasladamos aos Gobernos español e galego para avanzar nunha saída galega xusta da crise, requiren dunha decidida intervención pública e inciden en varios ámbitos para poder garantir unhas condicións de vida dignas.
Resulta indecente que o Goberno acorde aumentar até un 2 % do PIB en Defensa sen dar solución á carestía da vida e ás graves carencias e necesidades sociais, servizos públicos e defensa do emprego digno.
A resposta á pobreza non pode ser máis políticas neoliberais como as que contén o chamado Plan de Resposta Económica á Guerra anunciado polo Goberno español que busca, entre outros obxectivos, a contención salarial, consolidando así os baixos soldos e a pobreza laboral. Esta ofensiva complétase co chamado Pacto de Rendas e as negociacións do acordo estatal de negociación colectiva onde, de novo, o diálogo social, UGT e CC.OO volven estar ao servizo do capital, e baixo a premisa de impor a moderación salarial, imposibilitan calquera recuperación do poder adquisitivo dos salarios.
Neste contexto, resulta lamentábel que o Goberno galego estea máis preocupado pola sucesión do PP no Estado que na busca de medidas para afrontar esta gravísima situación, practicando unha política de inacción e de abandono das súas competencias.
Cómpre pois reaccionar e seguir na loita para esixir medidas urxentes como as propostas pola CIG para frear os efectos devastadores dos altos prezos e poder ter unha vida digna.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario