Amosando publicacións coa etiqueta Bankinter. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bankinter. Amosar todas as publicacións

27 de xuño de 2022

Manifestación en Lugo o 23 de xuño e concentracións diante de 20 oficinas

Se queremos revisión salarial, hai que moverse

As delegadas e delegados da CIG–Banca percorremos as rúas de en manifestación concentrándonos diante das sucursais para demandar unha revisión salarial xusta e para protestar contra a presión comercial.

Manifestación en Lugo

Tal e como está acontecendo noutros sectores, as patronais resístense a actualizar os salarios, incrementándose a conflitividade.

19 de maio de 2022

Manifestación por Ourense e concentracións diante das sucursais bancarias

Nova xornada reivindicativa da CIG–Banca

foi o escenario dunha nova xornada de loita pola recuperación salarial e contra a presión comercial e a suba dos obxectivos. Estes días coñeceuse que as altas direccións subíronse os bonus un 29 %, ao tempo que o IPC a nivel galego pechou nun 9,1 %

Manifestación en Ourense

A CIG–Banca saíu á rúa para demandar unha suba salarial digna, rexeitando os recortes dos Convenios estatais.

Manifestación en Ourense

Mentres as altas direccións subíronse a retribución variable un 29 %, e o IPC a nivel galego pechou no 9,1 % o mes pasado, AEB e CECA manteñen a conxelación salarial.

2 de maio de 2022

Manifestación pola Coruña con numerosas concentracións diante das sucursais bancarias

Intensa xornada reivindicativa da CIG–Banca

O pasado 28 de abril, delegadas e delegados da CIG nos comités dos distintos bancos, mobilizáronse para reclamar que se actualicen os salarios, percorrendo durante máis de 3 horas as rúas de , con concentracións en 20 sucursais de distintas entidades que se atopaban no percorrido, rematando na Delegación do Goberno, para protestar contra o Real Decreto da Autoridade de Defensa da Clientela.

Manifestación na Coruña

A CIG–Banca saíu á rúa para demandar unha SUBA SALARIAL DIGNA, rexeitando os recortes dos Convenios Estatais e protestar contra o incremento brutal dos obxectivos e da presión comercial.

Manifestación na Coruña

Os ánimos estaban quentes e as consignas «Se soben os prezos, teñen que subir os salarios» ou «A presión comercial é acoso laboral», resoaron permanentemente polas rúas da Coruña.

Manifestación na Coruña

Concentración diante da Subdelegación do Goberno na Coruña
A manifestación partiu ás 11 da mañá da rúa Juan Flórez, con concentracións nas oficinas do BBVA, Abanca, B. Santander, B. Sabadell, Bankinter e Caixabank, ata os Cantóns, para rematar na Delegación do Goberno, onde se protestou polo Real Decreto de creación da «Autoridade de defensa dos clientes financeiros», que fai Lei o modelo antisocial posto en marcha polas direccións dos bancos. Non regula o dereito da clientela a ser atendida presencialmente, nin pon freo ás abusivas comisións; tampouco regula tempos máximos de espera nas colas; pero ademais de dar corpo de lei á reconversión que afecta aos postos de traballo, pode dar lugar a sancións aos bancarios e bancarias.

3 de agosto de 2020

Unha vez máis, a crise que a paguen as traballadoras

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


A patronal bancaria segue inmutable na súa postura e apela á «responsabilidade» das organizacións sindicais con presenza na mesa para que se aveñan aos seus postulados.

O novo argumento para reforzar as súas pretensións de recortes, é a crise económica derivada da pandemia que estamos a sufrir. Cando a CIG, aludindo a esa mesma crise, propón unha compensación económica para todo o persoal do sector que estivo en primeira fila arriscando a súa saúde, a patronal responde que xa recoñeceu publicamente o esforzo e bo traballo feito no sector e non é de recibo a compensación que demandamos.

A AEB deu resposta a nosa plataforma e a do resto de organizacións, rexeitando calquera mellora substancial no que respecta as retribucións e, aínda máis, insistindo no anacronismo dos trienios e a súa supresión, negando a perda de poder adquisitivo derivada dos últimos convenios, e mantendo a cláusula xeral de compensacións e absorcións que pedimos eliminar.