
Se queremos revisión salarial, hai que moverse
As delegadas e delegados da CIG–Banca percorremos as rúas de Lugo en manifestación concentrándonos diante das sucursais para demandar unha revisión salarial xusta e para protestar contra a presión comercial.

Tal e como está acontecendo noutros sectores, as patronais resístense a actualizar os salarios, incrementándose a conflitividade.

Pretender que as patronais bancarias, cuns convenios en vigor que lles son favorables e sen que se incremente a conflitividade a nivel sectorial e das empresas, van subirnos os salarios, é unha nova tomadura de pelo.

Na CIG témolo claro, seguiremos incrementando a presión sobre os bancos. Mentres outros se arrastran pedindo esmolas polas esquinas, nós loitamos para conseguir dereitos.

Xa levamos arredor de 60 concentracións nos bancos nos últimos 3 meses e o outono será quente.

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario