13 de xuño de 2022

Afrontamos recortes perpetuos, dado que non se actualizan as táboas salariais

Mobilización en Ourense contra a perda salarial o pasado mes de maio (2022) en Ourense
A OCDE prevé unha inflación do 8,1 % para este ano e un 4,8 % para 2023 (previsións que poden mudar á alza, xa que o pasado mes de maio pechouse no 8,7 % no Estado e no 9,6 % en Galiza). É urxente unha revisión salarial extraordinaria.
Xa no ano 2021 o IPC foi do 6,7 % a nivel galego (e a suba do 0,25 % nos bancos AEB e do 0,0 % nos de CECA) e sen «guerra».
Ogallá as reunións dos Observatorios Sectoriais servisen para algo, pero moito nos tememos que non será así.

  • As patronais alegan, non sen razón, que os Convenios están asinados. Outra cuestión é que o escenario actual, cunha perda de poder adquisitivo que se agrava mes a mes mentres soben os beneficios e os bonus das altas direccións, xustificaría unha revisión extraordinaria.
  • Cando é á inversa, os bancos recortan as variables ou incluso modifican as condicións laborais recortando conceptos. A lexislación, as reformas laborais non derrogadas, están feitas á medida das empresas.
  • Se os sindicatos que asinaron os convenios do sector financeiro, quixesen pelexar por unha revisión extraordinaria, o normal era buscar a unidade sindical no sector para facer a máxima forza posíbel. Pero exclúen aos que non asinamos e din que negocian en Observatorios que legalmente non teñen competencias para facelo. Pois moi serio non parece!

A CIG ten convocada unha nova xornada de mobilizacións, que se desenvolverá o 23 de xuño en . Mantemos a presión e, se as patronais non se moven, os traballadores e traballadoras teremos que valorar dar un paso máis, indo a un outono quente na banca. Os recortes non nos afectan só nestes anos, son perpetuos, xa que ao non actualizar as táboas salariais quedarán consolidados. Non podemos consentilo.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 220613 [.pdf • 727 kB]




Ningún comentario: