
Cando o BBVA puxo en marcha o ERE, o cadro de persoal apoiou as medidas de presión para evitar os despedimentos e os traslados forzosos. Todos e todas sabiamos que nas oficinas faltaba persoal, que se facían (e fan) horas extras non recoñecidas día si e día tamén ou que a sobrecarga de traballo é un grave problema que afecta a nosa saúde.

A Coruña, a folga no BBVA o 26/05/2021.
Imaxe: CIG
Pero a ben pagada Dirección do BBVA teimou en despedir e houbo quen aceptou que compañeiros e compañeiras perdesen o seu posto de traballo inxustamente.
O mesmo pasou coas restricións de servizo á clientela, tanto en horarios de atención, como no cobro da comisión por operacións en efectivo (que un xulgado tras outro están declarando ilegais, sen que ninguén asuma responsabilidades). O banco empeñouse nunha estratexia de dixitalización forzosa para poder despedir a máis persoal.
Finalmente a falsidade coa que argumentaron o ERE queda en evidencia: falta persoal en oficinas e máis para dar servizos a unha clientela que reclama atención presencial e menos dixitalización. E agora a Dirección que impuxo un ERE ten que rectificar e contratar persoal (novas contratacións a prezo de saldo de convenio).
Sempre dixemos que foi un ERE inxusto e o tempo non tardou en darnos a razón. Polo camiño quedaron persoas que perderon inxustamente o seu posto de traballo e outras viron modificadas as vosas condicións laborais. Todo con argumentos falaces, falsos e utilizando unha reforma laboral que continúa en vigor.
Claro que a culpa é da Dirección do BBVA, pero tamén de quen aceptou eses argumentos xustificativos do ERE que agora se viñeron abaixo e quen aceptou non derrogar a reforma laboral. A espada de Damocles segue sobre as nosas cabezas.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario