A CIG non asina o acordo do ERE do BBVA
A negociación do ERE do BBVA foi inédita en comparación ao sucedido noutros bancos, nos que se asinaron ERE’s con peores condicións. E isto foi grazas a que se contou co persoal e houbo un seguimento masivo, nomeadamente das folgas. O persoal marcou a diferenza, será quen sufra o acordo e debe ter a última palabra: a aprobación debería ser nun Referendo aberto e democrático.
A convocatoria de folga en Galiza, Catalunya e Euskal Herria que, coma o banco recoñeceu, tivo un seguimento masivo, obrigou a outros sindicatos a moverse. Pegamos unha couce ao taboleiro deseñado e o BBVA viuse obrigado a negociar máis alá do previsto. Resulta totalmente inexplicable que despois do éxito das folgas, non se mantivera a presión sindical, malia que propuxemos distintas alternativas para seguir mobilizándonos. De telo feito o acordo sería mellor.
O ERE non nos vale e tampouco compartimos a visión dos vendedores de fume: hai despedimentos e precarízanse as condicións do persoal que quedan, nomeadamente na atención en remoto.
Non hai avance se, podendo dar saída ao excedente con saídas voluntarias e primadas do persoal de máis de 60, o banco segue querendo despedir a xente menor de 50.
Non hai avance se, alegando unha baixada da carga de traballo para despedir e podendo establecer quendas, pretende incrementar dun xeito brutal a xornada do persoal que queda en remoto, rebentando definitivamente os horarios de Convenio.
CONDICIÓNS ERE
Prexubilacións 70 %, despedimentos 30 %.
Saídas: O persoal non afectado poderá solicitalo despois do afectado, e decidirá o banco.
Criterios Despedimentos: Idoneidade para o posto, formación regulatoria, capacitación e potencial, e menor polivalencia. Totalmente subxectivos.
Criterios Exclusión: Discapacidade igual ou superior ao 33 % (do traballador/a ou de descendente); menores con cancro ou enfermidades graves; vítimas de violencia de xénero; en caso de matrimonio no banco, unha das persoas.
Período adscrición voluntaria: SS.CC (Territoriais) 10 ao 30 de xuño. Rede do 10 de xuño ao 12 de xullo. O banco poderá contestar á solicitude até 11 días despois do remate deses prazos.
Este é o acordo ao que chegaron. Dende a CIG mantemos que non hai motivos para facelo, máis que encher os seus petos. Por iso chamámoste a participar nas concentracións de hoxe:
A CORUÑA: Cantón Pequeno 18
COMPOSTELA: Rúa da Senra 3-5
VIGO: Rúa de García Barbón 2
OURENSE: Rúa do Paseo 18
LUGO: Rúa da Raíña 1
NON AO ERE NO BBVA!
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario