7 de xuño de 2021

Pola retirada dos despedimentos, concentracións 8 de xuño

EREBBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA

Mañá día 8 vai ter lugar unha nova reunión da mesa de negociación do ERE. Non é asumible que despois da masiva participación nas , paros e , nas que en conseguimos paralizar case o 100 % da actividade do Banco, se poida asinar un acordo que siga contemplando despedimentos e que empeore as condicións laborais do persoal que quede na empresa.

Temos que seguir demostrándolle ao BBVA que este ERE non ten xustificación. Só está encamiñado para que teñan máis beneficios a costa do persoal, expulsándoo do mercado laboral e esixindo novos sacrificios a quen quede traballando, con mobilidades xeográficas que afectan a todos e todas, cambios de funcións, ampliación de horarios e sobrecarga de traballo.

A CIG, ao longo de todo este proceso, mantivemos unha fronte común con todos os sindicatos con representación no BBVA, era o mellor camiño para que a empresa escoitase ao persoal, con mobilización e loita. A estas alturas, cando as traballadoras e traballadoras do banco alzamos a voz ante esta agresión, non sería comprensible que ningún sindicato asinase un acordo nesta negociación sen sometelo ao Referendo de todo o cadro de persoal.

Hai que manter a presión coa resposta nas rúas e, por este motivo, dirixímonos xa a semana pasada ao resto de organizacións propoñéndolles continuar cun calendario de mobilizacións e, malia a gravidade do asunto, a día de hoxe nontivemos resposta.

Pero aínda así, facemos un novo chamamento para que se sumen ás accións previstas para este martes 8 de xuño, tanto aos sindicatos como ao conxunto de traballadoras e traballadores do banco.

Porque este ERE é inxusto e inxustificado, participa nas concentracións de persoal mañá 8 de xuño ás 18 horas.


A CORUÑA: Cantón Pequeno 18
COMPOSTELA: Rúa da Senra 3-5
VIGO: Rúa de García Barbón 2
OURENSE: Rúa do Paseo 18
LUGO: Rúa da Raíña 1

NON AO ERE NO BBVA!




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 210607 [.pdf • 254 kB]



Ningún comentario: