Estamos recibindo moitas consultas sobre como se concreta o número de despedimentos nas catro provincias galegas. Un dato que a empresa agochou conscientemente na Mesa, malia que foi requirido pola CIG. Queren utilizar o medo para conseguir o máximo número de «voluntarios/as», simplemente para «petar» o ERE e colgarse «medallas» a costa da dor allea.
Ás condicións das prexubilacións son superiores as actuais do resto do sector, grazas ao conflito e as folgas. Tamén é positivo que racharamos o tope do 50 % das prexubilacións proposto pola empresa, tope que coñecemos que querían aplicar grazas a insistencia da CIG na Mesa. As prexubilacións contarán coa vantaxe da fiscalidade (exención da parte equivalente á indemnización de despedimento e o resto coma renda irregular) e a vantaxe de ser as últimas ás que non se lle aplicarán as novas penalizacións a xubilación anticipada. Nese senso as condicións son boas. Outra cuestión é o procedemento pactado. Haberá despedimentos? Pode habelos, pero sobre todo se utilizarán para meter medo.
Se durante a negociación o dato de afectación por provincias foi coñecido, o que nos permitiu aclarar que coas saídas de maiores de 60 anos non sería necesario despedir, na «Acta de finalización con acordo do período de consultas do Expediente de Despedimentos Colectivo BBVA», non figura. Unha falta de transparencia absoluta. Podemos facer estimacións do número de persoas afectadas en cada provincia e a afectación por tramos de idade, pero non hai datos oficiais. Isto forma parte do proceso que pintan como «voluntario».
Apareces nunha lista de posibles afectados/as, tes a espada de Damocles sobre a túa cabeza; se te apuntas «voluntariamente» correspóndeche unha indemnización maior; tampouco sabes cantas persoas poden prexubilarse e cantas serán despedidas na túa provincia, pero ti podes ser unhas delas. Iso non é voluntariedade, é utilizar o medo e a incerteza, para conseguir encher as listas do paro: TERRORISMO LABORAL.
Máis dunha vez veriades nos medios que hai sindicatos que fachendean do bo que foi un ERE que asinaron, xa que houbo máis persoas apuntadas que posibles saídas. Ese é o motivo polo que algúns «sindicatos» permiten utilizar o medo como ferramenta, centos de compañeiros e compañeiras estano pasando mal para que eles poidan dicir que o acordo foi bo. Non teñen escrúpulos.
O cadro de persoal ten dereito a saber a cantas persoas de menos de 50 anos queren despedir en cada provincia e as persoas afectadas polos criterios «non preferentes».
Fágano público e non xoguen coa dor allea.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario