3 de xuño de 2021

Eppur si muove (pero pouco)

EREBBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA

A empresa, despois do éxito continuado das fixo a primeira proposta de redución do impacto, con recolocacións e minorando os peches previstos. Claro que se pode e claro que as mobilizacións teñen efecto!

Proposta do Banco: A nivel galego o «excedente» baixa a 82 persoas, polo que podería cubrirse coa saída dos compañeiros/as a partir de 60 anos. Esa redución viría por recolocacións a nivel galego. A Forza vendas especializadas (seguros e xestión pemes) 3 persoas, e Equipo apoio comercial (task force), 14 persoas.

Reducen por primeira vez o número de oficinas a pechar en 50 (2 en ), o que reduce o número de Directores/as afectados, pero sen especificar os criterios.

Para a CIG nunca foi necesaria unha «prórroga», poderíamos seguir negociando eternamente, pero coas premisas do BBVA nunca chegaremos a un acordo. O importante é manter a presión e, nese sentido, fixemos unha proposta ao resto de forzas sindicais para convocar xa mobilizacións para a vindeira semana. O banco ten que mover ficha, aceptando as alternativas sindicais que non implican «despedir, despedir e despedir».

Por iso hoxe fixemos a seguinte proposta, mantendo a nosa alternativa de que, se hai excedente de persoal, se acorde un proceso de saídas cos seguintes criterios:

  • Voluntariedade.
  • Maior idade.
  • Substitución da cláusula de «equilibrio xeracional» por unha cláusula de «solidariedade xeracional», promovendo a saída, voluntaria e primada, do persoal de maior idade, nomeadamente do maior de 60, para garantir os postos de traballo do persoal con menos de 50 anos.
  • 85 % do salario bruto con cotización, en cada caso, até a idade de xubilación anticipada e actualizando as bases co IPC.

Na mobilidade xeográfica, esiximos que se cumpra o e se publiquen as vacantes. Non ten sentido aplicar mobilidade forzosa, sen tentar cubrir con persoas voluntarias. Establecer unha cláusula antiabuso para que mentres se execute o proceso de redución de persoal, a Dirección non poida cobrar ningún tipo de variable.

O Banco rexeitou ás nosas peticións. Teiman en executar despedimentos forzosos do 50 % do total para ás persoas menores de 50 anos (aínda que se cubrisen sobradamente as solicitudes de saída con persoas de máis idade), reservándose a decisión de quen sae do banco en base ao criterio subxectivo de avaliación dos últimos dous anos (que só coñece o banco). E manteñen a afectación da mobilidade xeográfica para 11.244 persoas.

Todas as forzas sindicais pedimos que se garantise unha auténtica voluntariedade para as persoas traballadoras, pero a Dirección non aceptou esta reivindicación sindical nin moito menos a do persoal, que esixe masivamente a retirada do ERE. Isto é inasumible!




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 210603 [.pdf • 178 kB]



Ningún comentario: