3 de xuño de 2022

Reunión de traballo sobre a Lei de creación da Autoridade Independente de defensa do cliente financeiro

O 2 de xuño a CIG Banca mantivo unha reunión de traballo cos deputados do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego e Ramón Fernández (no Congreso e no Parlamento Galego, respectivamente), ante o impacto do anteproxecto de lei do Ministerio de Asuntos Económicos.

A presión social obrigou á a poñer en marcha un proceso de arbitraxe que permitiu á clientela recuperar o diñeiro das preferentes e obrigas subordinadas. O actual anteproxecto de lei, lamina as competencias autonómicas; nun caso semellante, sería imposible unha arbitraxe da CC.AA que evitase xudicializar as demandas, o que podería ter consecuencias para o persoal dos bancos.

O anteproxecto centraliza as competencias nunha autoridade central, a Autoridade de defensa do cliente financeiro, estando no Consello Reitor os organismos de supervisión (CNMV, BdE, DX de Seguros e Fondos de Pensións). É dicir non separa a supervisión da defensa da clientela, o que incide nun modelo errado.

Só hai que ver os distintos escándalos (preferentes, cláusulas chan…etc.) nos que eses organismos non achegaron ningún tipo de solución á clientela, senón todo o contrario, foron responsables políticos. Ademais, o anteproxecto fai que calquera reclamación efectuada obrigará aos bancos a pagar unha taxa. Calquera erro, ao ter un impacto económico para o banco, pode ser motivo de sanción laboral.

Tampouco afonda en dereitos da clientela, pola contra, valida o actual proceso de peches de oficinas, restricións de servizos e a implantación do modelo de televenda. É nocivo para a clientela e para o conxunto da sociedade, provoca marxinación financeira de persoas e territorios, e afecta aos mantemento dos postos de traballo.

Por iso dende a CIG, trasladóuselle aos deputados un paquete de medidas, que o BNG acolleu favorablemente e valorará a presentación de emendas durante a tramitación parlamentaria.

  • conta co 50 % dos núcleos de poboación do Estado, e é das poboacións máis envellecidas do mundo; os peches de oficinas e as restricións de servizos afectan tamén as PEMEs, aos investimentos e ao emprendemento. É prioritario non permitir a laminación da Competencia exclusiva en materia de defensa das persoas consumidoras recollida no artigo 30 do Estatuto de Autonomía. O problema que provocan os peches e restricións é claramente maior que no resto do Estado e dificilmente se lle pode dar resposta dende Madrid.
  • Defendemos afondar no establecido na Directiva 65/2014 UE: «aseguraranse de non remunerar ou avaliar o rendemento do persoal dun xeito que entre en conflito coa obriga de actuar no mellor interese da clientela, en particular non establecerán ningún sistema de remuneración ou obxectivos de vendas ou de outra índole que poida constituír un incentivo para que o persoal recomende un instrumento financeiro determinado a un cliente minorista…».
  • As colas, as restricións e o incremento das comisións están levando a que a violencia no traballo sexa habitual. É preciso regular os criterios e prezos máximos das comisións, o dereito á atención presencial, ou o tempo máximo de espera.
  • Fronte a ocorrencia da Xunta de subvencionar os peches de oficinas, demandamos que se prime a quen continúe dando servizo, bonificando a quen manteña abertas oficinas de atención presencial, nomeadamente no rural afectado polo despoboamento.
  • A dixitalización é forzada por parte das entidades (para poder reducir rede e persoal). Ante o incremento das estafas, cada vez máis sofisticadas, debería lexislarse para que se establezan garantías a favor das persoas consumidoras.



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 220603 [.pdf • 350 kB]



Ningún comentario: