

2021.— Mentres ti perdías poder adquisitivo, incrementouse nun 73 % o número de altos directivos de banca española que cobran máis de 1,000.000 de euros ao ano.
2022.— Mentres ti perdías poder adquisitivo, os salarios dos Directivos da banca española subiron un 8 %.
2023.— Á espera de coñecer os datos salariais, os beneficios medraron un 25,6 %.
2024.— Os bancos da AEB están a ofertar no Convenio unha suba do 8 % en 4 anos e sen garantir o IPC.
O salario medio en banca é de 45.430 euros; en Madrid de 60.800 euros; en Galiza é de 35.680 euros. Cobramos un 21 % por baixo da media estatal e un 41 % menos que en Madrid.
Están acostumados a recortar salarios sen oposición, pretenden un novo recorte inxusto, inxustificado e inmoral.
Por iso o 29 de febreiro todos e todas á FOLGA,
é AGORA ou NUNCA!
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario