7 de febreiro de 2024

Non nos equivocamos

AEB está profundamente adoecida e ofendida porque os sindicatos decidimos dar unha resposta contundente á súa posición de inmobilismo. Mais ao mesmo tempo, responden á convocatoria de e paros cunha proposta que en nada mellora a que presentaron na mesa o pasado 15 de decembro.

Mentres os beneficios da gran banca medraron un 50 % respecto ao exercicio anterior, o mesmo día que o Goberno revaloriza o Salario Mínimo Interprofesional nun 5 %presentan unha proposta de suba salarial dun 8 % para catro anos de convenio (20242027).

 
2024 2025 2026 2027
2,75 %  2,25 %  1,50 %  1,50 % 

Nada din do 15 % de perda de poder adquisitivo acumulada nos últimos convenios, obviando tamén que o IPC pechou en decembro no 3,10 %, e en xaneiro de 2024 chegou o 3,40 %

Ao tempo que na mesa de pretenden xustificar a súa proposta cun escenario de incerteza para os próximos exercicios, as cúpulas directivas dos grandes bancos anuncian as súas previsións de mellorar este ano os beneficios de 2023.

A súa postura está clara, non queren compartir co persoal os inxentes beneficios que están acumulando, e pretenden continuar na súa escalada de perda de dereitos e empeoramento do clima laboral con políticas comerciais asfixiantes.

Seguen teimando na ampliación da mobilidade xeográfica forzosa a 50 km. e fan ouvidos xordos ao clamor do persoal, que se sente maltratado.

A actitude da patronal é a que nos leva ao conflito. Se alguén tiña dúbidas, xa se disiparon. Lonxe de intentar apagar o lume, aínda botan máis leña cunha proposta que non responde a realidade económica do sector, e obvia o que é de xustiza recoñecendo os sacrificios feitos polo persoal nos últimos convenios.

Nin podemos nin debemos agardar máis…
O 29 de FEBREIRO iremos TODAS E TODOS Á FOLGA
porque é AGORA ou NUNCA!




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!






Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 240207 [.pdf · 94 kB]



Ningún comentario: