6 de abril de 2022

Comezaremos un proceso de mobilizacións para demandar unha actualización salarial

O cada día nos custa máis caro. Suba salarial total desde o 2018 do 1,25 % e recortes nos complementos.

Se os salarios subisen na mesma porcentaxe que os obxectivos e a carga de traballo, o cal sería lóxico para facernos partícipes do incremento brutal da produtividade, o escenario sería outro. Non estamos ante un problema de inflación, o problema é que pretenden que non suban os salarios. A crise provocada pola guerra, coma sempre, pagámola os e as de abaixo.

Os traballadores e traballadoras do BBVA acumulamos anos de recortes. Pero hoxe vivimos unha situación de emerxencia (IPC 2021 foi do 6,7 %, no 2022 está no 9,8 % e a previsión do BdE para 2023 é do 4,5 %). Por iso achegamos propostas ao BBVA para solucionar o problema (actualizar complementos de empresa e quilometraxe, reducir os desprazamentos pola carestía dos combustibles, etc). BBVA nin contestou, semella que a mala educación e a actuación antisindical van sempre da man, cando algo racha o guión preconcibido de T&C.

Mentres o BBVA obtivo uns beneficios históricos en 2021 (á vez que e trasladaba forzosamente e modificaba a xornada a centos de compañeiros e compañeiras) e os directivos continúan ano tras ano incrementando os seus insultantes salarios (7,8 MM e 6,8 MM en 2021 e incremento do 6 % para o ano 2022), nós sufrimos a brutal perda de poder adquisitivo do convenio. Queda claro quen ten a culpa do recorte salarial, quen asinan todos os despedimentos e todos os recortes. Como aceptaron que non haxa cláusula de revisión, o recorte será para sempre.

Ante esta situación claramente inxusta non queda outra que valorar un proceso de mobilizacións, de manterse a perda de poder adquisitivo ao ritmo actual será necesario contar con vós. As recentes vitorias nas loitas emprendidas noutros sectores marcan o camiño.

O Convenio Colectivo Estatal de Banca, asinado por AEB, CC.OO, UGT e FINE, é a nosa ruína.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 220406 [.pdf • 69 kB]



Ningún comentario: