É o momento de recuperar salarios e reducir xornadas. Estamos a traballar nunha CONVOCATORIA DE FOLGA NA BANCA porque ou o conseguimos agora que os bancos teñen beneficios históricos ou nunca.
A situación actual que vivimos é insostible: moitos anos de perda de poder adquisitivo, recortes salariais e de persoal, mil horarios fóra de convenio (sen ningún tipo de control efectivo, que fan imposible a conciliación), presión comercial sen límite…
A iso engádese a propia posición da AEB na mesa do Convenio onde, a pesar dos beneficios históricos do sector, insiste nas súas rañicas propostas que precarizarán aínda máis nosas condicións: novos recortes e medidas lesivas para o persoal (subidas salariais por baixo de IPC, supresión de trienios, mobilidade xeográfica ata 50 km, etc).
As organizacións CIG, ELA, SEC–BBVA e a Intersindical–CSC, coincidimos na necesidade de convocar folga entre a segunda quincena de febreiro e a primeira quincena de marzo. A nosa decisión é firme e clara, haberá convocatoria de folga e así llo trasladaremos ao resto da representación sindical estatal, para que teña o máximo apoio posible. E farémolo cunha única premisa: a convocatoria debe ser aberta, sen siglas, sen bandeiras, nin protagonismos estériles. Nós, os sindicatos, debemos ser a ferramenta que permita ao persoal contestar e facer fronte colectivamente a estes recortes e á presión comercial desmesurada.
Tanto nas negociacións de ERE’s como nas dos Convenios, á patronal enchíaselle a boca dicindo que debían garantir unha rendibilidade mínima de dúas cifras ao accionariado. Así xustificaron a destrución de postos de traballo, os recortes salariais, a case desaparición da xornada continuada xeral de Convenio, ou a presión comercial que sufrimos.
Agora que os Bancos xa teñen o que querían e pulverizaron os seus récords de beneficios históricos a conta do esforzo de quen os fixeron posibles, crecéronse e empérranse en manter a súa posición soberbia. Así que, se queremos recuperar o que é de xustiza, teremos que pelexalo. É AGORA OU NUNCA.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
1 comentario:
Tamén tes á túa disposición os comentarios na nosa canle de Telegram
Publicar un comentario