1 de febreiro de 2024

Convocatoria conxunta de folga na banca

CIG, ELA, I-CSC, SEC

É o momento de recuperar salarios e reducir xornadas. Estamos a traballar nunha CONVOCATORIA DE FOLGA NA BANCA porque ou o conseguimos agora que os bancos teñen beneficios históricos ou nunca.

A situación actual que vivimos é insostible: moitos anos de perda de poder adquisitivo, recortes salariais e de persoal, mil horarios fóra de (sen ningún tipo de control efectivo, que fan imposible a conciliación), presión comercial sen límite…

A iso engádese a propia posición da AEB na mesa do Convenio onde, a pesar dos beneficios históricos do sector, insiste nas súas rañicas propostas que precarizarán aínda máis nosas condicións: novos recortes e medidas lesivas para o persoal (subidas salariais por baixo de IPC, supresión de trienios, mobilidade xeográfica ata 50 kmetc).

As organizacións CIG, ELA, SECBBVA e a Intersindical–CSC, coincidimos na necesidade de convocar folga entre a segunda quincena de febreiro e a primeira quincena de marzo. A nosa decisión é firme e clara, haberá convocatoria de e así llo trasladaremos ao resto da representación sindical estatal, para que teña o máximo apoio posible. E farémolo cunha única premisa: a convocatoria debe ser aberta, sen siglas, sen bandeiras, nin protagonismos estériles. Nós, os sindicatos, debemos ser a ferramenta que permita ao persoal contestar e facer fronte colectivamente a estes recortes e á presión comercial desmesurada.

Tanto nas negociacións de ERE’s como nas dos Convenios, á patronal enchíaselle a boca dicindo que debían garantir unha rendibilidade mínima de dúas cifras ao accionariado. Así xustificaron a destrución de postos de traballo, os recortes salariais, a case desaparición da xornada continuada xeral de Convenio, ou a presión comercial que sufrimos.

Agora que os Bancos xa teñen o que querían e pulverizaron os seus récords de beneficios históricos a conta do esforzo de quen os fixeron posibles, crecéronse e empérranse en manter a súa posición soberbia. Así que, se queremos recuperar o que é de xustiza, teremos que pelexalo. É AGORA OU NUNCA.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 240201 [.pdf • 110 kB]



1 comentario:

CIGBBVA dixo...

Tamén tes á túa disposición os comentarios na nosa canle de Telegram