13 de outubro de 2022

Chegou o momento de ir á FOLGA,  
temos dereito a defendernos colectivamente!!!

A perda salarial aféctanos a todos e todas; golpea especialmente aos compañeiros e compañeiras novas, que teñen salarios precarios nun sector con beneficios multimillonarios. Que dicir dos privilexios vergoñentos e inxustificados das cúpulas directivas.

Para a CIG esta situación límite só pode ter unha resposta, a convocatoria dunha FOLGA. Se soben os prezos teñen que subirnos o salario e dicímolo cando nos queda por afrontar un duro inverno. Lanzamos a proposta, aberta ao conxunto dos sindicatos do sector.

As posicións da AEB e CECA nos «observatorios», son unha tomadura de pelo. A culpa tamén é de quen acepta ese marco ilegal de negociación, excluíndo a unha parte dos sindicatos lexitimados legalmente para negociar.

Aceptar ese marco ilegal, excluíndo aos sindicatos con máis que demostrada capacidade de mobilización, tamén demostra que non hai intención de mover nada. Semella que os que aceptaron o recorte salarial só pensan nos procesos de eleccións sindicais que se aveciñan.

Malia excluírnos ilegalmente desa negociación, apostamos por unha convocatoria de folga conxunta. Se non é conxunta non será por culpa da CIG.

A nosa é unha reflexión seria e rigorosa, contrastada nas visitas as oficinas e froito de meses de análise. Temos a vontade firme de dar un paso máis no proceso de mobilizacións que iniciamos a primeiros de ano. Se non é posible unha convocatoria unitaria, a nosa intención é convocar asembleas de traballadores e traballadoras para que democraticamente todos e todas podamos decidir.

Temos dereito a defendernos colectivamente dos abusos das Direccións. Os convenios foron un cheque en branco a favor dos bancos, non é xusto recortarnos os salarios tirando un beneficio indebido dunha guerra.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 221013 [.pdf • 116 kB]



Ningún comentario: