As folgas vividas o ano pasado en distintos bancos son un exemplo; sabemos que será un éxito se é unha folga dos traballadores e traballadoras, evitando o protagonismo estéril dos sindicatos e máis en pleno proceso electoral.
Nese senso, tal e como dixemos, apostamos pola unidade pero, se esta non é posible, a CIG será unha mera ferramenta. Se non é conxunta comprometémonos a que non haberá siglas, só figurarán naquelas cuestións mínimas legalmente esixibles.
A perda de poder adquisitivo é no entorno do 15%, cando o máis duro do inverno está por vir. Mentres a suba dos xuros, incrementará os beneficios da banca nun 44 %.
PERDA SALARIAL CONVENIOS SECTOR FINANCEIRO
Ao non ter cláusula de revisión esta perda brutal non se recuperará e acumularase no resto dos anos da vida laboral. Tendo en conta a idade media do persoal e o alongamento da vida laboral, a perda acumulada poderá chegar aos 100.000 euros de media. Por iso a folga ten como obxectivo reclamar unha máis que xusta actualización dos salarios.
Historicamente a suba de prezos non tiña impacto nos salarios, xa que os convenios tiñan cláusula de revisión. Os discursos sobre as maldades económicas da actualización dos salarios son falsos, como demostra a experiencia.
Se soben os prezos, teñen que subir os salarios!!!
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario