As traballadoras e traballadores de ABANCA irán á folga o próximo 11 de xaneiro, nunha convocatoria da CIG e ASCA. A súa loita é a nosa e os bancos da AEB deberían tomar nota na negociación do Convenio.
As reivindicacións da folga en Abanca buscan dar resposta a unha problemática que é específica dese banco, pero que en moitos aspectos é común ao que sufrimos no resto dos bancos.
- A recuperación e o mantemento do poder adquisitivo
- A recuperación do horario de convenio
- A cobertura con contratos indefinidos dos postos vacantes
- Acabar co acoso e a presión comercial
Dende a CIG queremos amosar a nosa solidariedade coas compañeiras e cos compañeiros na súa xornada de folga.
Ese mesmo día 11 de xaneiro está convocada unha manifestación ás 11 da mañá na Coruña. Os delegados e delegadas da CIG asistiremos solidariamente, porque o seu conflito é o noso, as súas reivindicacións son as nosas, e a súa loita é a nosa.
Hai que remontarse ao ano 1983: hai 40 anos, da última folga en banca para reclamar melloras laborais e así nos foi.
Que tomen nota cada un dos Bancos e a patronal AEB, se non levan á negociación do convenio propostas para recuperar o poder adquisitivo e recompensar aos cadros de persoal polo esforzo e o sacrificio dos últimos anos, o conflito pode estenderse a outras entidades. A CIG está disposta á unidade de acción neste camiño.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario