Nestes momentos compañeiros e compañeiras das Entidades estatalizadas están librando a batalla máis dura na historia do sector financeiro. Fronte a intención gobernamental e patronal de reestruturar o sector financeiro a través da aplicación da Reforma Laboral, o persoal das Entidades nacionalizadas,
Novagalicia Banco, Bankia e Banco de Valencia, están sendo a primeira liña de resistencia ante un proceso que ameaza con
estenderse a gran parte do sector.
Anteriores procesos de reconversión do sector financeiro foron pactados e negociados, realizándose a través de medidas non traumáticas. Pola contra, estamos ante unha decisión de impoñer medidas máis gravosas para os traballadores e traballadoras e menos custosas para as empresas. Ademais, nestes procesos queren impoñer tamén unha rebaixa dos salarios (en Bankia de ata o 50
% ), que loxicamente distorsionará a competencia no sector financeiro e servirá de argumento a todas as empresas para tratar de empeorar as nosas condicións laborais.