Amosando publicacións coa etiqueta presións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta presións. Amosar todas as publicacións

1 de xullo de 2026

A presión comercial é acoso laboral

Mobilización na Coruña

Delegadas e delegados da CIG do sector financeiro estivemos mobilizándonos de novo na , o pasado luns 30, contra o acoso comercial constante e a sobrecarga de traballo ao que nos vemos sometidas as traballadoras e traballadores do sector, alén da perda salarial que estamos a padecer.

Ao tempo, esiximos a readmisión das nosas compañeiras Montse de e Ana do , despedidas inxusta e inxustificadamente. Alá onde haxa unha persoa despedida, a CIG estará na rúa dando resposta.

Seguiremos a denunciar as consecuencias para o persoal duns sistemas de produción por obxectivos salvaxes e inhumanos, que atentan contra a nosa dignidade, a nosa saúde mental e física, e as nosas vidas. E tamén a perda salarial continuada, xa que a pesar de que estamos en épocas de máximos beneficios históricos, non recuperamos a enorme perda anterior e, por riba, agora aínda sufrimos máis perda. E non o imos normalizar.

18 de xuño de 2024

Posición CIG OPA BBVA

CIG BANCA - Seccións Sindicais da CIG BBVA—SabadellGallego

As seccións sindicais da CIG no BBVA e no reuníronse hoxe para analizar a situación creada despois do falido intento de fusión e o anuncio de OPA do BBVA sobre o Banco Sabadell.

En primeiro lugar, manteñen o seu rexeite a esta nova reestruturación do sector, polas implicacións que terá na destrución de milleiros de postos de traballo e novo peche de oficinas bancarias, que virá a aumentar, nun chanzo máis, as dificultades da clientela no acceso a servizos bancarios, con redución da competencia e máis atrancos ao creto, tanto para particulares como para empresas, etc.

En segundo lugar, porque xa nas dúas entidades está producíndose un aumento da presión sobre o persoal e sobre carga de traballo, por varias vías:

No BBVA incrementáronse os obxectivos para o 2º cuadrimestre do ano, precisamente nunha época na que comezan as vacacións do persoal. Se ata o de agora xa tiñan moitas dificultades para o cumprimento destes obxectivos, con esta suba de entre un 25 e un 90 % dependendo dos produtos a colocar, a pretensión da entidade de que o traballo de 4 meses se faga en 3, fai aínda máis inviable a súa consecución, para chegar a conseguir un cumprimento que retribúa ao persoal polo seu esforzo. Con esta medida a dirección do banco pretende gabarse (aínda máis) dos seus resultados para convencer á Xunta de Accionistas da súa boa xestión e de que a OPA contribuirá aínda máis a conseguir incrementar eses obscenos beneficios de dúas cifras que xa fixeron públicos este ano.

28 de decembro de 2023

Desexámosvos un Bo 2024

Desexámosvos un Bo 2024

Estes, entre outros, son os nosos obxectivos. Se non veñen co novo ano, iremos por eles, porque sabemos que a loita é o único camiño!

26 de decembro de 2023

A folga en Abanca é a nosa folga

É hora de recuperar os salarios e os horarios perdidos

As traballadoras e traballadores de irán á folga o próximo 11 de xaneiro, nunha convocatoria da CIG e ASCA. A súa loita é a nosa e os bancos da AEB deberían tomar nota na negociación do Convenio.

As reivindicacións da en Abanca buscan dar resposta a unha problemática que é específica dese banco, pero que en moitos aspectos é común ao que sufrimos no resto dos bancos.

26 de decembro de 2022

Desexámosvos un Bo 2023

Desexámosvos un Bo 2023

Estes, entre outros, son os nosos obxectivos. Se non veñen co novo ano, iremos por eles, porque sabemos que a loita é o único camiño!

20 de maio de 2020

BBVA, o persoal deuno todo: Agora el necesítate



Como é sabido, o noso sector considerado servizo esencial nesta crise, tívose que adaptar en tempo récord a novas formas de prestación de servizo, para garantir a saúde dos traballadores e traballadoras, e evitar a propagación do virus que provocou esta pandemia a nivel mundial. E BBVA para poder dar servizo á clientela, actuou axilmente ante devandita situación con medidas como o .

1 de febreiro de 2019

Eleccións sindicais: as nosas propostas

O vindeiro 13 de febreiro as traballadoras e os traballadores do BBVA temos a oportunidade de elixir as persoas que nos van a representar nos próximos catro anos, e pedimos o teu apoio nas urnas para seguir traballando na defensa dos dereitos de todos e todas nós. Velaquí a nosa folla de ruta:

Estabilidade no emprego e condicións xustas de traballo:
Loitamos contra o peche de oficinas e a amortización de postos de traballo, denunciando a destrución de postos estruturais. Defendemos unha formación de calidade, presencial e dentro da xornada.
Igualdade:
A conciliación e a promoción paritaria son cuestións irrenunciables. Reclamamos un que recolla as demandas do persoal. e son datas senlleiras, pero a nosa loita é todo o ano. Somos un sindicato feminista.
Xornada regulada:
Loitamos contra as nas rúas e nos xulgados. A real pasa por rematar coas prolongacións de xornada e as reunións fóra de hora.
Saúde e seguridade
Demandamos a correcta e posterior erradicación dos . No CESS trasladamos a situación real e promovemos iniciativas concretas. Vixiamos o estado da nos centros de traballo, actuando con inmediatez ante situacións de risco.
Contra a sobrecarga de traballos e as presións:
Esiximos unha dotación axeitada de persoal e o fin das e da arbitrariedade dos procesos de avaliación; e loitamos contra os «semáforos» e «pool de baixo desempeño», tamén ante a .
Somos a voz sindical próxima:
Traballamos ao teu carón nas oficinas e vivimos a realidade do día a día. Trasladamos as reivindicacións do persoal á , e nos nosos comunicados. Somos un modelo sindical participativo e asembleario no que contamos todos e todas!

O noso único interes é o teu, e por iso esperamos conseguir unha posición forte de cara á próxima , do Plan de Igualdade e de todos os retos que están por vir.


24 de decembro de 2018

Desexos de Aninovo

Este ano 2018 está nas súas derradeiras horas e, dende a Sección Sindical da CIG, queremos felicitar estas Festas a todo o cadro de persoal do BBVA. E, coma sempre, pedímoslle a este ano que comeza unha serie de desexos que queremos compartir con todos e todas vós. Para que o 2019 sexa un ano mellor que o que queda atrás:

8 de marzo de 2018

«AVE» que no vuela, a la cazuela (da Dirección)? Pois a CIG presenta conflito colectivo

Para a CIG non se trataba de «predicar», senón de «dar millo», e por iso estivemos traballando nunha Papeleta de Conciliación de Conflito Colectivo contra o BBVA, para que se recoñeza o noso dereito a cobrar o Bonus.

No XXIII Convenio AEB, CC.OO e UGT eliminaron 1,25 pagas para o persoal novo, establecéndose un sistema variable que liga os ¼ de paga ao RAE (é dicir, se unha Dirección o fai mal, nós cobramos menos). Como todos e todas sabedes e a maior parte padeceu, o banco decidiu absorber o «bonus AVE», con cargo a eses ¼ de paga.

  • Cando un complemento é absorbible, o banco o comunica previamente, como o «Complemento Persoal». Pero o «AVE» non era absorbible, é unha decisión tomada con posterioridade para non pagar.
  • Se fixemos o traballo cumprindo os obxectivos asignados, temos dereito a cobrar, punto. E o banco non pode cambiar no momento do pago as características dun complemento, cando o traballo está feito.
  • O Banco comunicou a decisión o mesmo día da súa aplicación, sen ter en conta a representación legal do persoal. Non negociou, impediunos facer achegas ou incluso que puidesemos emitir o preceptivo informe. A actitude antisindical do BBVA é preocupante.

Todo isto fai que dubidemos da legalidade da decisión de non pagarnos parte dos salarios adebedados polo BBVA. Por iso presentamos Conflito Colectivo, e malia que nós estamos claramente en contra de calquera retribución variable, falando de «aves», máis vale paxaro en man que mil voando, e as variables retribúen de xeito incerto un traballo certo.


Situación da Territorial: O semáforo está en vermello.

Denunciamos unha vez máis a situación da Territorial Noroeste (Galiza non existe para o BBVA), que finalizou o 2017 moi destacada entre 8 do Estado, pero que comezou 2018 cunha desbordada e inxustificable presión sobre o cadro de persoal. Denunciámolo ante «Talento e Cultura» para que se tomen medidas e se o banco non rectifica, tomarémolas nós.

22 de decembro de 2017

Os mellores desexos

Remata 2017 e, desde a CIG, enviámosvos os nosos mellores desexos para o vindeiro ano. E non queremos deixar pasar a ocasión para facer balance do que non queremos repetir, para que o ano que entre sexa realmente un ano mellor que o que queda atrás:


1 de decembro de 2016

Campaña para alertar sobre as políticas comerciais das entidades financeiras e o deixamento cómplice da CNMV

Decidimos iniciar unha campaña co obxectivo de denunciar as agresivas políticas comerciais das entidades e a actuación da CNMV. Temos dereito a protexernos fronte ás direccións e temos o deber de alertar á sociedade. Transcribimos para todos e todas vós o escrito que diriximos aos Grupos do Parlamento Galego. Con posterioridade solicitaremos reunións con Grupos do Congreso e do Parlamento Europeo.

Carta aos Grupos Parlamentares:

28 de outubro de 2016

Presións, pools, rankings, semáforos… Así non!!!


- Detrás das persoas hai números!!! - Pois que se aparten!!!
Os retos inalcanzables, os seguimentos, pool, o control exhaustivo e interminábel, os semáforos, os formularios de cadre de forza de venda onde se comparten os datos da unidade á vista de todos e todas.
Presión e máis presión para que a rede comercial «non perda o ritmo nin baixe a intensidade comercial».

E, se todo isto falla, 14 despedimentos improcedentes (cando non nulos de pleno dereito), para que a mensaxe sobre o cadro de persoal quede impreso de xeito indeleble.

A cultura do medo é un camiño que xa percorremos con nefastas consecuencias, para o conxunto do persoal e para a empresa, vía conta de resultados. O medo á perda do posto do traballo, a incerteza, o temor a non chegar ós obxectivos… están na maioría das ocasións detrás de como e a quen se lle fan propostas de inversión inconvenientes, de «colocar» produtos sen ter en conta se a clientela os demanda ou necesita.

Sexamos rigorosos/as e non perdamos a perspectiva. Os seus desorbitados e inmorais bonus non xustifican todo.


5 de maio de 2015

Oir, ver, calar…


O «Pool» de baixo desempeño

Dende primeiro de ano, as direccións de oficina, CBC, Zonas e RR.HH, están incorporando ao nomeado como «pool» de baixo desempeño a aqueles traballadores e traballadoras que, baixo os criterios da empresa, non teñan a actitude ou a aptitude axeitada para o desenvolvemento da súa función.

Oir, ver, calar…