Para a CIG non se trataba de «predicar», senón de «dar millo», e por iso estivemos traballando nunha Papeleta de Conciliación de Conflito Colectivo contra o BBVA, para que se recoñeza o noso dereito a cobrar o Bonus.
No XXIII Convenio AEB, CC.OO e UGT eliminaron 1,25 pagas para o persoal novo, establecéndose un sistema variable que liga os ¼ de paga ao
- Cando un complemento é absorbible, o banco o comunica previamente, como o «Complemento Persoal». Pero o «AVE» non era absorbible, é unha decisión tomada con posterioridade para non pagar.
- Se fixemos o traballo cumprindo os obxectivos asignados, temos dereito a cobrar, punto. E o banco non pode cambiar no momento do pago as características dun complemento, cando o traballo está feito.
- O Banco comunicou a decisión o mesmo día da súa aplicación, sen ter en conta a representación legal do persoal. Non negociou, impediunos facer achegas ou incluso que puidesemos emitir o preceptivo informe. A actitude antisindical do BBVA é preocupante.
Todo isto fai que dubidemos da legalidade da decisión de non pagarnos parte dos salarios adebedados polo BBVA. Por iso presentamos Conflito Colectivo, e malia que nós estamos claramente en contra de calquera retribución variable, falando de «aves», máis vale paxaro en man que mil voando, e as variables retribúen de xeito incerto un traballo certo.
Situación da Territorial: O semáforo está en vermello.
Denunciamos unha vez máis a situación da Territorial Noroeste (Galiza non existe para o BBVA), que finalizou o 2017 moi destacada entre 8 do Estado, pero que comezou 2018 cunha desbordada e inxustificable presión sobre o cadro de persoal. Denunciámolo ante «Talento e Cultura» para que se tomen medidas e se o banco non rectifica, tomarémolas nós.
Esta presión insoportable e extrema ten un propósito claro: seguir mantendo esa posición no Ranking buscando as persoas responsables beneficios persoais, que non para a empresa. Nós pensamos que antes de seguir incrementando os obxectivos, o banco debería avaliar a carga/ritmos de traballo existente en cada posto, tal e como obriga a lexislación en materia de Prevención de Riscos Laborais. E mentres, non poden incrementalos.
Doutro xeito, o que di o propio BBVA no Manual de Produtividade que vén de publicar de cara a 2018, sería papel mollado. Non vale non facer nada e logo dicir nel cousas como que o obxectivo é:
- «Maior foco no cliente: non existen obxectivos específicos de produto, evitando colocar produtos non demandados polo cliente ou mercado. A forza de venta xestiona o cliente con base no valor, non condicionado polo seu portfolio de obxectivos».
- «Maior eficiencia comercial: evitando sobreesforzos da Rede por vender un determinado produto para cumprir co seu obxectivo».
Como imos casar estas instrucións e cumprir a MiFID, cando se seguen fixando obxectivos de colocación de produtos, as retribucións se asocian aos obxectivos e se nos indica por activa e por pasiva que temos que ir ao 200% de cumprimento? Misión imposible.
O semáforo do clima laboral xa pasa de vermello na Territorial Noroeste e na próxima Xunta de Accionistas levaremos a nosa protesta a Bilbao. Delega o teu voto na CIG.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario