Amosando publicacións coa etiqueta seguridade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta seguridade. Amosar todas as publicacións

10 de outubro de 2022

ALERTA!!!  
Posibles FRAUDES suplantación identidade

Nas dúas últimas semanas tivemos coñecemento de varios casos de posibles fraudes, suplantando a identidade de clientas/clientes nas provincias de Lugo e Pontevedra.

A operatoria é a tradicional neste tipo de estafas: suplantar a identidade da clientela, para con posterioridade facer retiradas de efectivo.

Dado que os bancos, malia ter coñecemento, non están trasladando ningún tipo de alerta, entendemos que debemos trasladárvola nós, xa que logo as sancións ás compañeiros e compañeiros afectados son habituais.

Entendemos que as imaxes das cámaras de seguridade, poderían facilitar a identificación das persoas que están actuando, evitando novas fraudes. Aí o deixamos.

31 de marzo de 2020

Solicitamos o peche inmediato de máis oficinas para dar cumprimento ao RDL 10/2020

A loita a contra a pandemmia, que está a segar un gran número de vidas, debe ser a que marque a actuación de todos e todas.

Por iso á vista do RDL 10/2020 publicado no BOE este domingo, que establece como servizo esencial a actividade do sistema financeiro, pero naqueles servizos indispensables, temos solicitado o peche dun maior número de oficinas. Algo que viñamos demandando insistentemente con anterioridade.

A maior parte dos positivos por Covid-19, foron persoas en teletraballo, o cal permitiu que non se esténdese o brote entre o persoal e a clientela. Restrinxir as oficinas abertas é indispensábel. Aproveitamos para mandar azos ás persoas afectadas, agardando unha pronta recuperación.


24 de marzo de 2020

Seguimos a traballar 
Nas oficinas e en materia preventiva

Somos un servizo básico e fundamental, por iso temos que seguir abertos por orde do Goberno. Nós mesmas/os, como traballadoras e traballadores que somos, estamos unha parte nas oficinas e outros na casa de retén ou teletraballando. Compartimos os vosos medos e inquedanzas, sobre todo polas nosas familias.

Por iso a nosa principal tarefa é facer seguimento das medidas preventivas e propoñer maiores, se cabe, coma fixemos coas mamparas. Medida que diversas entidades están poñendo en marcha, a petición nosa; tamén o fará o BBVA. Non é a única. Algunhas atrásanse debido ao colapso na subministración, non poñemos en dúbida a vontade do banco.

Si que temos dúbidas sobre a idoneidade do pago das pensións en pleno pico de pandemia, sendo un colectivo de maior risco. Neste senso cumpride estritamente as medidas de prevención, toda cautela é pouca.

23 de marzo de 2020

Covid-19: xuntanza mesa informativa de RR.LL

Compañeiras/os,

Achegamos resumo da xuntanza informativa da mesa de RR.LL mantida hoxe por Webex, onde tamén se trataron asuntos de Saúde Laboral.

  1. Oficinas abertas
  2. Seguridade
  3. Cobro pensións
  4. Limpeza
  5. Relación oficinas e empregados
  6. Temas operativos

Infórmannos que esta situación alongarase 3 semanas como mínimo. Queren facer un recoñecemento especial a todas as persoas do cadro de persoal, nomeadamente ás da rede de oficinas que están traballando presencialmente asumindo riscos. Trasladan ánimos e todo o recoñecemento.

Novidades:

1 de febreiro de 2019

Eleccións sindicais: as nosas propostas

O vindeiro 13 de febreiro as traballadoras e os traballadores do BBVA temos a oportunidade de elixir as persoas que nos van a representar nos próximos catro anos, e pedimos o teu apoio nas urnas para seguir traballando na defensa dos dereitos de todos e todas nós. Velaquí a nosa folla de ruta:

Estabilidade no emprego e condicións xustas de traballo:
Loitamos contra o peche de oficinas e a amortización de postos de traballo, denunciando a destrución de postos estruturais. Defendemos unha formación de calidade, presencial e dentro da xornada.
Igualdade:
A conciliación e a promoción paritaria son cuestións irrenunciables. Reclamamos un que recolla as demandas do persoal. e son datas senlleiras, pero a nosa loita é todo o ano. Somos un sindicato feminista.
Xornada regulada:
Loitamos contra as nas rúas e nos xulgados. A real pasa por rematar coas prolongacións de xornada e as reunións fóra de hora.
Saúde e seguridade
Demandamos a correcta e posterior erradicación dos . No CESS trasladamos a situación real e promovemos iniciativas concretas. Vixiamos o estado da nos centros de traballo, actuando con inmediatez ante situacións de risco.
Contra a sobrecarga de traballos e as presións:
Esiximos unha dotación axeitada de persoal e o fin das e da arbitrariedade dos procesos de avaliación; e loitamos contra os «semáforos» e «pool de baixo desempeño», tamén ante a .
Somos a voz sindical próxima:
Traballamos ao teu carón nas oficinas e vivimos a realidade do día a día. Trasladamos as reivindicacións do persoal á , e nos nosos comunicados. Somos un modelo sindical participativo e asembleario no que contamos todos e todas!

O noso único interes é o teu, e por iso esperamos conseguir unha posición forte de cara á próxima , do Plan de Igualdade e de todos os retos que están por vir.


1 de xullo de 2015

Unha lei para amordazar a loita obreira

A , do 30 de marzo, de protección de seguranza cidadá (LOSC, xa coñecida popularmente como «Lei Mordaza») introduce un catálogo de faltas ou infraccións que non pondera as circunstancias especiais que concorren no exercicio dos dereitos fundamentais de liberdade sindical e folga, o que pode producir efectos contrarios á propia .
En resumo, a «Lei Mordaza» converte os conflitos laborais en conflitos de orde pública.

A represión da protesta social mediante o dereito administrativo sancionador adoita presentarse como máis leve ou benévola que a puramente penal. Porén, a contrapartida é a drástica redución das garantías xurídicas que caracteriza o dereito administrativo: a Administración actúa como xuíz e parte, os seus actos son executivos e gozan de presunción de acerto e legalidade e a impugnación xudicial das sancións en vía contencioso-administrativa convértese moitas veces nun calvario lento e custoso.


4 de decembro de 2014

A lección dun atraco


O atraco violento, a utilización como escudo humano e refén da traballadora que resultou ferida, o posterior cruce de disparos con vítimas mortais, suceso tratado con amplitude pola prensa, é un toque de atención sobre a situación de inseguridade que se vive no sector bancario. A vida, a integridade e a dignidade son o principal patrimonio persoal que non pode mudar en troco pola eficiencia a costa de recortar medios.

2 de maio de 2014

A tesoira non descansa

Nestes días vai culminar a seguinte oleada de peches de oficinas na Galiza e a Dirección non informa mais que do nome das «agraciadas» e da data oficial de peche. Ninguén aporta dato relevante dos motivos que levan a esta decisión ou se vai rematar aquí o proceso de restructuración que nos pasa por riba como si dunha moa de muíño se tratase.

Son necesarios estes peches? Estase a tratar coa debida consideración ao cadro de persoal? Trasládase de xeito adecuado? Ten relación algunha co proxecto dixital do presidente?

Na meirande parte dos casos ou non temos resposta ou ben sabedes que é negativa. Mais ben semella que os recortes non rematan. Nós estamos en contra.