Somos un servizo básico e fundamental, por iso temos que seguir abertos por orde do Goberno. Nós mesmas/os, como traballadoras e traballadores que somos, estamos unha parte nas oficinas e outros na casa de retén ou teletraballando. Compartimos os vosos medos e inquedanzas, sobre todo polas nosas familias.
Por iso a nosa principal tarefa é facer seguimento das medidas preventivas e propoñer maiores, se cabe, coma fixemos coas mamparas. Medida que diversas entidades están poñendo en marcha, a petición nosa; tamén o fará o BBVA. Non é a única. Algunhas atrásanse debido ao colapso na subministración, non poñemos en dúbida a vontade do banco.
Si que temos dúbidas sobre a idoneidade do pago das pensións en pleno pico de pandemia, sendo un colectivo de maior risco. Neste senso cumpride estritamente as medidas de prevención, toda cautela é pouca.
Se detectades incumprimentos por parte de persoal do banco ou da clientela, que poidan poñer en perigo ao persoal e/ou á clientela, non caledes. Avisade rapidamente.
Tamén hai unha parte do noso traballo de hoxe que facemos pensando no futuro, cando o que é unha crise de saúde, poida devir nunha crise económica e social. Como sindicato nacionalista e de clase preocúpanos o mantemento do emprego no Banco, pero tamén no resto do tecido produtivo, do que nós vivimos.
Por último, queremos ter unha lembranza para as traballadoras e traballadores da sanidade, que despois de anos de recortes, teñen que salvar vidas en situacións precarias. Nós aplaudimos dende os balcóns, pero sempre apoiamos as mobilizacións en defensa da Sanidade Pública. Cando isto pase, que pasará, seguirán precisando o noso apoio.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario