23 de marzo de 2020

Covid-19: xuntanza mesa informativa de RR.LL

Compañeiras/os,

Achegamos resumo da xuntanza informativa da mesa de RR.LL mantida hoxe por Webex, onde tamén se trataron asuntos de Saúde Laboral.

  1. Oficinas abertas
  2. Seguridade
  3. Cobro pensións
  4. Limpeza
  5. Relación oficinas e empregados
  6. Temas operativos

Infórmannos que esta situación alongarase 3 semanas como mínimo. Queren facer un recoñecemento especial a todas as persoas do cadro de persoal, nomeadamente ás da rede de oficinas que están traballando presencialmente asumindo riscos. Trasladan ánimos e todo o recoñecemento.

Novidades:

1.— Oficinas abertas

Onde hai oficinas cabeceiras
Só estas. Todos os días (luns a venres). Se a oficina cabeceira non se pode abrir (positivo…), abrirase outra da CBC nesa praza.
Oficinas únicas na praza, non cabeceiras
Abrirán en días alternos. Obxectivo: facer unha apertura selectiva e ordeada de oficinas únicas para dar servizo e reducir o risco para as traballadoras e traballadores

Modalidades
  1. Luns / Mércores / Xoves
  2. Martes / Venres
Non se pode facer ningunha outra combinación de días alternativa.

As oficinas únicas en praza deberán indicar a oficina que está máis preto que presta servizo o resto de días. Haberá cartaces informativos para colocar nas oficinas. O persoal que non estea na oficina traballará desde a súa casa. Para facer o cambio, antes será necesario verificar que queda sempre unha computadora na oficina (o da/do GAC) e así evitaranse contínuos traslados. Enxeñaría está estudando como reducir traslados de equipos.

Todo iso, combinarase coas oficinas que vaian pechando en caso de haber casos positivos.

Xa se informou ao persoal dos días de apertura. No tocante á valixa, no «Hoy» do 12 de marzo infórmase como actuar. Prestará o servizo correo Express 3 días á semana (luns-mercores-venres) para as oficinas cabeceiras, 2 días para oficinas modalidade 1 e 1 día (venres) para as modalidade 2.


2.— Seguridade

Lembran o protocolo: un cliente por empregada/o. O resto de clientela ten que agardar fora. Hay cartaces para lembrar a distancia de seguridade (2 metros). Tamén están chegando as cintas adhesivas para manter as distancias.

Máscaras e luvas: Sinalan que queren seguir as recomendacións de Sanidade que indican que non son recomendábeis, incluso contraproducentes. No tocante á manipulación de efectivo, sinalan que o risco está no contacto físico, non en respirar. Indican que se levas luvas e non as sacas, acumula virus (plástico) e supón mási risco. O mellor é lavarse ás man con moita frecuencia. O problemas das máscaras é que pola incomodidade lévanse ás mans á cara moito máis que sen elas.

Aínda así, indícannos que están valorando subministrar luvas e máscaras para que as utilice quen considere, como fixeron outras empresas en contra das recomendacións de Sanidade e dos propios Servizos Médicos desas empresas, para evitar a sensación de desatención polo persoal e pola alarma que hai.

Están buscando alternativas: mamparas de metacrilato nas mesas (xestión) e nos postos de caixa, pero dependerá de cando as poidan ter. Feito que valoramos moi positivamente, tras telo demandado.


3.— Cobro pensións

Non se poden facer reforzos. Estase traballando en anticipar a comunicación á clientela para que non se desprace ás oficinas.

No «Hoy» de hoxe indícanse as medidas tomadas: procurar utilizar os caixeiros, non cobro comisión por sacar en caixeiros doutras entidades…

Consideran que hai unhas 200 oficinas que poden ser problemáticas pola afluencia de pensionistas: reforzáranse con auxiliares de seguridade (solicitaron permiso ao Banco de España), que controlarán o fluxo de clientela para sempre 1 cliente por empregada/o, o resto de clientela permanecerá no exterior da oficina.


4.— Limpeza

Están buscando solución para as zonas de caixeiros automáticos onde pernoctan indixentes. Por agora, se pola mañá ao chegar á oficina te atopas con esa situación, non podes entrar e tes que activar o protocolo como se esa zona estivese infectada e desinfectarase. Lembra, se hai un/unha indixente non entres a activa o protocolo.

Auméntase a limpeza das oficinas durante todos os días de apertura na gran maioría de oficinas, seguindo pautas de Sanidade (limpeza especial en zonas de contacto, pomos, aumento da cantidade de lixivia…)

Estase valorando proporcionar un kit de limpeza para as oficinas. No tocante aos xeles, están chegando máis e tamén mandarán os das oficinas que están pechadas ás cabeceiras. Prevén que non haxa problemas de xeles.


5.— Relación oficinas e empregados

Sinalan que os cambios son constantes para adaptarse continuamente a novas situacións. Procurarase máxima estabilidade, tanto para a clientela como para organización interna.

Hoxe abertas o 31% das oficinas (69% pechadas)

Cadro de persoal: 17% da rede comecial traballando hoxe de xeito presencial (73% en remoto). 127 persoas afectadas polo coronavirus (70 de oficinas y 57 de SS.CC)


6.— Temas operativos

Apartamentos e bonos: Suspéndese o prazo de solicitude.

Consultas ao SAE: Solicitan que nesta situación non se fagan consultas por teléfono, unicamente por correo e para cousas críticas. Pola escaseza de persoal.

Vacaciones coincidentes co período de alarma: a opción do/da traballador/a pódense solicitar outras datas (de acordo coa/co responsábel), ou desfrutar no periodo anteriormente autorizado coincidente co periodo de alarma.

BBVA Contigo: o 98% traballan en remoto. Hai 54 persoas que traballan presencialmente (28 son os CSE), o 2% do colectivo.

Quendas: irán avaliando en función das necesidades, intentando axustalos ao máximo para garantir a seguridade do maior número de persoas posíbel. Non hai un criterio homoxéneo para asignar as quendas, depende dos recursos de cada CBC: persoal dispoñíbel (non dispoñíbel por pertencer a grupo vulnerábel…), oficinas pechadas por positivo, baixas por corentena…

Polo momento as quendas son de 2 semanas. Isto, como todo nesta situación, pode cambiar.

Protocolo para carga de caixeiros en oficinas pechadas: será o persoal que está de retén quen o cargará.

No caso das/dos GAC que non están nas oficinas presencialmente e non dispoñen de teléfono móbil corporativo están estudando a forma de grabación da xornada (sexa permiso coronavirus ou rexistro de xornada).



Seguiremos puntualmente informando. Lembra que podes contactar connosco (correo, teléfono, Whatsapp, Telegram…) cando o consideres.

Cumpre con extremo rigor as medidas preventivas indicadas polas autoridades e o BBVA. A nosa saúde e a dos/das nosos/as e clientela é o máis importante.


Recibe unha notificacion dos nosos comunicados no teu correo electrónico persoal ou ben, subscríbete ao fío de noticias do blogue (e mantente ao día desde casa) en  ir.gl/RSSemail  

Xuntas/os superaremos esta situación. Moitos ánimos e forza!




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ligazón relacionada:




Ningún comentario: