Compañeiras/os,
Queremos trasladar o noso apoio a toda a plantilla que hoxe está traballando, nomeadamente na Rede de Oficinas e nos SS.CC. Tamén para quen tivo que facelo durante a fin de semana.
Os delegados e delegadas da CIG de cada provincia seguen a vosa disposición para todo o que precisedes. Podedes contactarnos como facedes habitualmente (teléfono, whatsapp, telegram… ) ou ben no noso enderezo electrónico.
Asemade, estamos a facer un seguimento das medidas preventivas que está a tomar a empresa, como viñemos a facer durante toda a fin de semana.
Cumpre estritamente as medidas preventivas ditadas polas autoridades e pola BBVA. Extrema as precaucións!
Desde esta Sección Sindical, temos realizado unha serie de demandas á Dirección que vos indicamos:
- Solicitamos o peche temporal de oficinas, que suporía unha menor necesidade de persoal atendendo as que continúen prestando servizo.
- Solicitamos a realización de traballo en remoto para todo o colectivo de BBVA Contigo, igual que para outros (Xestores/as de Negocios…) que sexa posíbel.
- Solicitamos reforzo dos servizos de limpeza nas oficinas que, tras anos de recortes, son absolutamente insuficientes.
- Solicitamos o subministro, nomeadamente en oficinas, dos elementos básicos de protección: xeles desinfectantes, luvas e mascarillas. Con obligatoriedade de uso de luvas para o personal de caixa.
- Non admitir nin subministrar moedas durante este período, que pola súa composición metálica poden manter o virus activo durante varios días.
- Suspensión total da obxectivación comercial e de seguimentos da mesma.
Lembrade en todo momento que a saúde de todas e todos nós é o primeiro.
Se pertences a un «grupo vulnerábel», se tes crianzas que atender ou te atopas mal, segue as instruccións facilitadas pola empresa e as autoridades.
O persoal que teña que dar servizo presencial, debe cumprir estritamente as medidas de hixiene. A empresa deberá facilitar instruccións claras para trasladar á clientela e organizar o traballo presencial de xeito seguro para todas e todos.
Insistimos, se considras que as instruccións que traslada a empresa non son suficientemente claras, si tes dúbidas ou consideras que a túa saúde está en risco… contacta con esta Sección Sindical a través do noso correo ou por medio dos nosos delegados e delegadas. Iremos trasladando as vosas reinvindícacións á empresa e contestando as vosas dúbidas de xeito máis áxil posíbel.
Moita Forza!
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario