Amosando publicacións coa etiqueta coronavirus. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta coronavirus. Amosar todas as publicacións

23 de marzo de 2020

Covid-19: xuntanza mesa informativa de RR.LL

Compañeiras/os,

Achegamos resumo da xuntanza informativa da mesa de RR.LL mantida hoxe por Webex, onde tamén se trataron asuntos de Saúde Laboral.

  1. Oficinas abertas
  2. Seguridade
  3. Cobro pensións
  4. Limpeza
  5. Relación oficinas e empregados
  6. Temas operativos

Infórmannos que esta situación alongarase 3 semanas como mínimo. Queren facer un recoñecemento especial a todas as persoas do cadro de persoal, nomeadamente ás da rede de oficinas que están traballando presencialmente asumindo riscos. Trasladan ánimos e todo o recoñecemento.

Novidades:

18 de marzo de 2020

Covid-19 (coronavirus): cumpre as medidas preventivas

Compañeiras/os,

Queremos trasladar o noso apoio a toda a plantilla que hoxe está traballando, nomeadamente na Rede de Oficinas e nos SS.CC. Tamén para quen tivo que facelo durante a fin de semana.

Os delegados e delegadas da CIG de cada provincia seguen a vosa disposición para todo o que precisedes. Podedes contactarnos como facedes habitualmente (teléfono, whatsapp, telegram… ) ou ben no noso enderezo electrónico.

Asemade, estamos a facer un seguimento das medidas preventivas que está a tomar a empresa, como viñemos a facer durante toda a fin de semana.

Cumpre estritamente as medidas preventivas ditadas polas autoridades e pola BBVA. Extrema as precaucións!


Desde esta Sección Sindical, temos realizado unha serie de demandas á Dirección que vos indicamos:
  • Solicitamos o peche temporal de oficinas, que suporía unha menor necesidade de persoal atendendo as que continúen prestando servizo.
  • Solicitamos a realización de traballo en remoto para todo o colectivo de BBVA Contigo, igual que para outros (Xestores/as de Negocios…) que sexa posíbel.
  • Solicitamos reforzo dos servizos de limpeza nas oficinas que, tras anos de recortes, son absolutamente insuficientes.
  • Solicitamos o subministro, nomeadamente en oficinas, dos elementos básicos de protección: xeles desinfectantes, luvas e mascarillas. Con obligatoriedade de uso de luvas para o personal de caixa.
  • Non admitir nin subministrar moedas durante este período, que pola súa composición metálica poden manter o virus activo durante varios días.
  • Suspensión total da obxectivación comercial e de seguimentos da mesma.