Amosando publicacións coa etiqueta apartamentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta apartamentos. Amosar todas as publicacións

23 de marzo de 2020

Covid-19: xuntanza mesa informativa de RR.LL

Compañeiras/os,

Achegamos resumo da xuntanza informativa da mesa de RR.LL mantida hoxe por Webex, onde tamén se trataron asuntos de Saúde Laboral.

  1. Oficinas abertas
  2. Seguridade
  3. Cobro pensións
  4. Limpeza
  5. Relación oficinas e empregados
  6. Temas operativos

Infórmannos que esta situación alongarase 3 semanas como mínimo. Queren facer un recoñecemento especial a todas as persoas do cadro de persoal, nomeadamente ás da rede de oficinas que están traballando presencialmente asumindo riscos. Trasladan ánimos e todo o recoñecemento.

Novidades:

4 de decembro de 2007

Tempo de colleita

Un paso adiante, dous atrás

Pouco máis dun mes hai da sinatura do acordo de BB.SS, nuns termos que os sindicatos maioritarios xa aceptaran nun preacordo no pasado mes de agosto. Hai tempo xa que avisamos de que o único beneficiado é BBVA, que reduce gastos a costa do seu persoal, mais é agora, ao ser realmente operativo, cando parece que sentimos o burato na carteira.

O único trato igualitario acadado é que todos e cada un dos colectivos de procedencia senten que son o máis prexudicado.
Para empezar, manteñen moitos acordos residuais, ben «ad personam», ben procedentes dalgún acordo de fusión: son aqueles que non foron quen de tocar e que non intentaron renegociar posto que NUNCA FIXERON UNHA OFERTA QUE XUSTIFICARA RENUNCIAR A NINGÚN DEREITO.

22 de outubro de 2007

Xaque mate aos beneficios sociais

Xaque mate aos beneficios sociais
Hoxe tivo lugar en a firma do novo Acordo de BB.SS por parte da empresa e de CC.OO, UGT e ACB.

O contido do acordo baséase no preacordo do que xa falaramos en setembro, e que supón a equiparación de todo o cadro de persoal coa excepción de condicións residuais que ao ter a consideración de «ad personam», non poden eliminar mediante pacto colectivo.


A CIG NON PODE ASINAR ESTE ACORDO POR ENTENDER QUE É UNHA RENUNCIA A DEREITOS ADQUIRIDOS E HOMOLOGA POR ABAIXO SEN BENEFICIAR A NINGUÉN MÁIS QUE AO BANCO QUE AFORRA MOITOS CARTOS.