O contido do acordo baséase no preacordo do que xa falaramos en setembro, e que supón a equiparación de todo o cadro de persoal coa excepción de condicións residuais que ao ter a consideración de «ad personam», non poden eliminar mediante pacto colectivo.
A CIG NON PODE ASINAR ESTE ACORDO POR ENTENDER QUE É UNHA RENUNCIA A DEREITOS ADQUIRIDOS E HOMOLOGA POR ABAIXO SEN BENEFICIAR A NINGUÉN MÁIS QUE AO BANCO QUE AFORRA MOITOS CARTOS.
Por exemplo: A compensación económica é inferior en dez euros á da última proposta (xuño 2007), e hai tan só oito anos, ofrecían unha compensación de 800 euros en lugar de 570 para os/as activos. E daquela mantiñan JAFA e premios de antigüidade. Botade cálculos…
O agravio comparativo que veñen sufrindo algúns colectivos (con menos dereitos que un novo/a incorporado), non vai ser compensado de ningún xeito. BBVA é unha imaxe con colectivos de distintas categorías.
O aforro que fan coa liquidación dos PREMIOS DE ANTIGÜIDADE, é tan claro como isto: Se facemos o cálculo das accións que lle correspondería a unha persoa que traballara en BBVA durante 42 anos polos distintos premios e o anualizamos, ao prezo actual das accións BBVA, sería un pago anual de 525 euros. Con 570 euros anuais queren compensar non só a perda deste dereito senón a de JAFA, bolsa de vacacións, Nadal…
E que hai do tema de RESIDENCIAS E APARTAMENTOS?
Onde o custe anual por Residencias e Apartamentos para a empresa era de 5.250.000 €, pasa a aportar 3.000.000 €. Onde vai a diferenza?
A venda de Residencias (dous en Alacante e unha en Costa Brava, Madrid e Murcia) e apartamentos en Alacante, todos eles en zonas de gran valor inmobiliario, estamos certos de que produciran grandes beneficios, co que seguro que darán cuberto o gasto do rescate dos premios (minguados en todo o posible).
Seguiremos informando das grandes conquistas sociais hoxe acadadas sen a nosa colaboración e esperamos que nos consultedes sobre calquera dúbida ao respecto.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario