Segundo o Instituto Estatal de Estatística, o índice de prezos ao consumo (IPC) armonizado, subiu até o 3'6 % no mes de outubro, o que representa a maior subida dende o mes de agosto do 2006.
Ainda que o IPCA subiu nove décimas dende o mes de setembro, non recolle realmente a suba do custe da vida.
A organización de consumidores OCU anunciou que o pan subiu até un 40 % ao longo do mes de outubro, e produtos como o leite subiron mais dun 12 % no último mes.
A suba dos cereais debido a seca en varios países produtores e ao crecente consumo para a fabricación de biodiesel, está sometendo os prezos dos alimentos a unha espiral alcista moi por riba do IPC. Tanto polo incremento do prezo dos pensos que repercute nos produtos animais, como pola suba das fariñas, xa que un 10 % do consumo básico das familias son produtos elaborados a base de fariñas.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario